ANA MARTÍNEZ FAI UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DAS DISTINTAS INICIATIVAS POSTAS EN MARCHA ESTE VERÁN PARA PROMOCIONAR RIBADEO ENTRE OS MILES DE VISITANTES QUE SE ACHEGARON AO CONCELLO. A CONCELLEIRA DE TURISMO AGRADECE O ESFORZO E O BÓ FACER DO COMERCIO, DA HOSTALERÍA E DAS EMPRESAS INVOLUCRADAS NESTE TRABALLO.
Ribadeo, 11 de setembro de 2012. A concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, realiza unha valoración moi positiva das distintas iniciativas postas en marcha este verán para promocionar Ribadeo entre os miles de visitantes que se achegaron a este concello.
O edil nacionalista lembrou que “este verán no Concello presentamos varias iniciativas que buscan ligar o turismo co sector económico e empresarial da nosa vila e do noso concello. Buscamos que non só cheguen viaxeiros senón que atopen actividades que lles permitan quedar máis tempo en Ribadeo e na nosa comarca no seu conxunto”.
Martínez dixo que “como novidosa presentamos a credencial do viaxeiro da que se repartiron máis de 1.500 desde a súa posta en marcha. O que pretendíamos é que o viaxeiro que chega á praia das Catedrais volte a Ribadeo e coñeza o noso litoral pasando por Rinlo, polo faro da Illa Pancha, etc, e que participen nas actividades que atoparán na nosa vila”. O equipo de goberno valora de xeito moi positivo “a atención turística en Ribadeo, tanto no que se refire a infraestructuras coma a persoal. Este ano melloróuse o punto de información turística das Catedrais e contamos con catro persoas, unha máis que o ano pasado, grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo”. E subliña que “a oficina de turismo de Ribadeo é das mellor e máis atendidas da comarca, porque está aberta durante todo o ano”.
Bus e taxi turísticos
A concelleira de Turismo referíuse tamén ao bus turístico, “que foi un proxecto piloto que agardamos continuar no 2013. Segundo nos di a empresa que realiza o servizo quedaron satisfeitos. A mesma empresa é que leva o bus praia, que xa está perfectamente consolidado en Ribadeo e que cada ano ten máis usuarios, tanto viaxeiros como ribadenses que elixen este medio para achegarse ás nosas praias. Dentro desta promoción coa iniciativa privada contamos este verán co taxi turístico que ofreceu tres rutas: unha ao occidente asturiano para dar a coñecer unha serie de concellos que forman parte da Reserva da Biosfera, outra hacia Mondoñedo e a máis empregada foi a que levaba á xente a coñecer a praia das Catedrais e outros puntos de interés de Ribadeo. Falando cos taxistas dinnos que quedaron moi contentos e voltaremos contar con eles no 2013. Ademáis eles están dispostos a manter un taxi turístico durante todo o ano”.
O Concello de Ribadeo editou unha guía turística en catro idiomas. A primeira tirada foi de 10.000 exemplares e xa se repartiron 5.000. Esta guía está á venda en hoteis, librarías e oficinas de turismo. A edil de Turismo fai unha valoración moi positiva da súa acollida.
Mercado dos domingos
A tamén concelleira de Desenvolvemento Local indicou que “o Mercado dos domingos está perfectamente consolidado en Ribadeo e neste 2012 medrou o consumo de produtos e tamén contamos con máis postos. Con este mercado o que potenciamos é o consumo dos produtos de proximidade, deses produtos locais e comarcais que moitas veces o viaxeiro descoñece e que agradece que lle poñamos na súa man a posibilidade de poder adquirilos. Como colofón final do que é o Mercado dos Domingos teremos o 30 de setembro a tradicional Feira da Horta, facendo unha serie de actividades lúdicas e de degustación dos nosos produtos”.
Ana Martínez manifestou que “si a todo isto engadimos citas como a festa do percebe ou da carne ao caldeiro a valoración que facemos é moi positiva e teño que agradecer o esforzo e o bó facer do comercio, da hostelería e de todo o sector empresarial involucrado na promoción turística do concello, xa que o traballo en rede e colectivo é o que nos pode axudar a salvar, na medida do posible, estes duros momentos”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



