APOIO UNÁNIME DA CORPORACIÓN DE RIBADEO AO ESCRITO DO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA SOBRE O ESTABLECEMENTO DUNHA TARIFA ENERXÉTICA COMPETITIVA PARA O CENTRO DE SAN CIBRAO E EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO. FERNADO SUÁREZ ADVIRTE QUE SI ESTA FIRMA DEIXA A ZONA “ESTAREMOS DIANTE DA SENTENCIA DE MORTE DA COMARCA DA MARIÑA”.
Ribadeo, 18 de setembro de 2012. Cos votos a favor de todas as formacións políticas agás o PP aprobóuse unha proposta da Alcaldía en relación coa posible supresión de servizos do tren de Feve na comarca da Mariña, e en particular en Ribadeo. Suárez Barcia dixo que si o globo sonda lanzado no seu día por Feve se leva adiante “cargaránse un dos eixos vertebredores desta comarca”. Na sesión plenaria de onte déuse o apoio unánime da Corporación Municipal ao escrito do comité de empresa de Alcoa sobre o establecemento dunha tarifa enerxética competitiva para o centro de traballo de San Cibrao e en defensa dos postos de traballo. Fernando Suárez advirte que si isto non é así e Alcoa opta por abandoar a zona “estaremos diante da setencia de morte da comarca da Mariña”.
O rexedor relatou que no pleno ordinario de onte aprobóuse tamén a conta xeral do exercizo de 2011, “na que segue habendo un remanente positivo, é dicir desde o goberno municipal gastamos un pouquiño menos do que ingresamos. Se iso puidera ser cuestionable noutros momentos, porque non executaríamos todo o presuposto, nos últimos anos sempre nos queda un pequeniño remanente para ir atendendo ás necesidades de pagos. E a realidade é notablemente diferente que hai cinco ou seis anos, pero para ben”. Suárez Barcia tamén se referiu á modificación das bases de contratación laboral temporal, “sobre todo no sentido de deixar a porta aberta a poder facer unhas lista de agarda do mesmo xeito que na universidade, nos hospitais, no Sergas ou en moitos concellos nos que as teñen establecido para aqueles postos de traballo con moita rotación, como poden ser a axuda a domicilio, onde ás veces necesitamos que unha baixa sexa cuberta de xeito inmediato. Para garantir a obxectividade queremos abrir uns prazos para que a xente presente as súas titulacións e méritos, que se poidan avaliar por parte dun tribunal técnico, e que poida ser público a través da páxina web ou dos rexistros públicos para que vexan en qué situación se atopan en cada momento”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “foi moi importante aprobar esa proposta da Alcaldía en relación coa posible supresión de servizos do tren de Feve. Sabemos que o globo sonda de Feve, e que agora por mor das eleccións galegas está paralizado, moito nos tememos que volten á carga coa supresión de servizos, argumentando que non son rentables”. Fernando Suárez lembrou que “algunhas paradas na comarca se atopan en lugares terceiromundistas e a moita distancia dos núcleos de poboación, por iso moitas veces o tren non é atractivo para moita xente. Non é lóxico suprimir servizos nun momento de crise, no que os combustibles están tan caros e no que a xente precisa deste servizo para ir aos hospitales de Burela e de Jarrio, ou para ir facer trámites ás oficinas do Corpo Nacional da Policía en Viveiro. Si estas liñas desaparecen nos horarios de máxima afluencia de pasaxeiros estaremos cargando un dos eixos vertebradores da comarca en materia de comunicacións”.
Por unanimidade aprobóuse un escrito de respaldo a loita do comité de empresa de Alcoa “sobre este escuro futuro que parece que vai ter no caso de que o goberno do Estado non estableza unha tarifa enerxética competitiva para o centro de traballo de San Ciprián e en defensa dos postos de traballo. Sabemos que Alcoa non quere nin ser subvencionada nin que o Estado asuma parte do custe dos kilowatios que consume, pero como gran consumidor de enerxía precisa dunha tarifa competitiva, como noutros países de Europa, senón corremos o risco de que esta empresa se deslocalice para outro lugar, e si iso se chega a dar sería a sentencia de morte da comarca da Mariña”. Fernando Suárez engadiu que “desde Ribadeo quixemos aportar o noso grao de area polas familias de aquí que traballan en Alcoa, quixemos ter o compromiso institucional unánime de toda a Corporación para que o goberno do Estado dunha vez por todas resolva esta cuestión”.
No 2013 serán festivos locais en Ribadeo: o martes de antroido e o día de San Roque. A elección do martes de antroido realizóuse porque o vindeiro ano cae en domingo o día da patrona.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



