O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN ESIXE Á XUNTA QUE ACLARE O NÚMERO DE PRAZAS DE MESTRE QUE NON SE CUBRIRÁN NA PROVINCIA
Veiga asegura que “o PP converteu o inicio do curso nun duro golpe para as familias, que terán que gastar unha media de 300 euros máis”
“O Goberno galego iniciou a lexislatura suprimindo a gratuidade dos libros de texto e remátaa eliminando mestres, centros, programas como preescolar na casa e reducindo bolsas para comedores e liñas de transporte”
Lugo, 7 de setembro de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, reuniuse, esta mañá, con representantes da Federación Provincial de Apas de Lugo (Fapacel) para valorar o inicio do curso escolar marcado pola redución de mestres e pola suba do IVE no material escolar.
Tras o encontro, Veiga denunciou a deriva que para o ensino público supuxo o Goberno de Núñez Feijóo. “Estamos a piques de iniciar un curso escolar no que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, xa manifestou que non se reporán as prazas de mestres de infantil, primaria e secundaria que se xubilan este ano, o que supón, só na nosa provincia, máis de 200 profesores menos, e a ese dato hai que sumar as prazas de persoal de apoio que non se cubrirán e que obrigarán a un mesmo mestre ou mestra a dar clase até en catro centros de diferentes concellos como Láncara, Triacastela, A Pobra de Brollón e Samos”.
“Ademais – continuou o vicepresidente da institución provincial- as declaracións do conselleiro afirmando que até xa comezado o curso non se saberá o número de prazas que quedarán vacantes e o número definitivo de interinos, demostran a falla de planificación da consellería. Non sería estraño que se estiveran ocultando os datos reais pola coincidencia coa precampaña electoral e por iso pedimos á Xunta que aclare, de xeito inmediato, o número de prazas que non se cubrirán na provincia de Lugo”
Dende a Vicepresidencia da Deputación insístese en que a actual Xunta de Galiza pasará á historia por ser o executivo que máis recortes realizou en educación e que máis favoreceu, de xeito descarado, ao ensino concertado. “O PPdeG comezou a lexislatura suprimindo a gratuidade dos libros de texto e remátaa eliminando bolsas, centros, como o colexio infantil de Chantada, unidades educativas, mestres e servizos como preescolar na casa que atendía a 1.200 familias lucenses e cunha importante repercusión no medio rural, ademais de reducir as bolsas e as axudas para os comedores e o transporte escolar”.
“Tanto o Goberno autonómico como o Goberno do Estado –enfatizou Veiga- empregan a crise como coartada para atacar ao conxunto dos servizos públicos. As súas políticas están a incrementar a fenda existente con Europa no que a gasto educativo se refire, e estas políticas xeran máis paro, máis desigualdade e máis atraso económico e social.”
Neste contexto, e tendo en conta a suba do IVE en material escolar, Veiga denuncia que “O PP converteu o mes de setembro nunha longa costa de xaneiro que será permanente e á que contribúe a supresión da paga de Nadal dos empregados públicos. As súas políticas de contención do déficit público están a provocar que o inicio do curso escolar sexa un duro golpe para a economía das familias que terán que desembolsar unha media de 300 euros máis”.
Dende a Vicepresidencia da Deputación urxen á Xunta de Galiza a que rectifique a súa política educativa. “A redución de axudas á escola concertada e a supresión dos concertos cos colexios que segregan por sexos, permitiría manter a gratuidade dos libros de texto para moitas familias así como as axudas para os comedores”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



