VICEPRESIDENCIA PON A DISPOSICIÓN DAS ASOCIACIÓNS DE DISCAPACITADOS DA MARIÑA MONITORES PARA O FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA
O programa Tempos busca mellorar a integración deste colectivo mediante a práctica do deporte
Antonio Veiga insiste en que fronte a crise, a área de Benestar Social incrementou ou mantivo o orzamento dedicado aos servizos sociais
A Mariña, 25 de setembro de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, diante de representantes de asociacións que traballan a prol das persoas con discapacidade da Mariña, o programa“Tempos”, co que se pretende promover entre dito colectivo a actividade física de baixa intensidade a través de todo tipo de xogos para mellorar as súas capacidades motrices e cognitivas.
Veiga recalcou o éxito e a incidencia de iniciativas similares; apreciación que foi corroborada, durante o acto, por representantes das asociacións. “O ano pasado dous monitores organizaron e impartiron diferentes actividades deportivas e de xogo nas que participaron un total de 133 usuarios e usuarias de 7 organizacións que traballan no eido da inclusión social de persoas con discapacidade da comarca. Dada a alta demanda que xerou, agora presentamos o plan “Tempos” como unha ferramenta que proporciona significativos beneficios na mellora do estado de saúde física e psíquica e a autonomía persoal”.
Críticas aos recortes da Xunta e o Goberno central
No transcurso do encontro, ademais de presentar as características do programa, o vicepresidente da Deputación analizou a repercusión negativa que para estes colectivos están a ter os “agresivos recortes” en materia social efectuados tanto por parte do Goberno do Estado como da Xunta de Galiza e que están profundizando na fenda da exclusión xusto no seo dos colectivos que máis necesitan apoio en tempos de crise.
“É até inhumano que o Partido Popular utilice a crise como coartada para levar a cabo políticas que aumentan as desigualdades na sociedade. A reforma da Lei da Dependencia aprobada polo Executivo de Rajoy provoca que unha boa parte de discapacitados teñan que dedicar máis do 90 por cento da súa renda para acceder a determinados servizos sociais. Medidas coma esta demostran o dobre xogo do Partido Popular que sempre se presenta cun programa electoral e logro aplica o contraio do que prometeu amosando unha total deslealdade cara a toda sociedade”.
Antonio Veiga contrapuxo as medias neoliberais dos gobernos populares ás da Deputación de Lugo afirmando que “a pesar dos axustes que se fixeron, respetáronse e incluso incrementáronse as partidas orzamentarias dedicadas aos servizos sociais así como a colaboración coas organizacións que traballan a favor das persoas con discapacidade. Dende a Vicepresidencia de Deputación estamos demostrando que a pesar da crise pódese seguir apostando polas políticas sociais”.