Iste comenzo de curso vai estar, como os 3 anos anteriores, marcado polos recortes. Uns recortes que afectan demasiado as unas familias xa moi afectadas pola crise
-Insuficiencia das becas de libros Este é o primeiro ano que non hai programa de gratuidade de libros de texto. O que a Xunta aporta para a compra de libros é de toda forma insuficiente. O máximo que a Xunta da para a compra son 180€ e a media de gasto en Galicia é de 300€, no caso de secundaria o gasto supera os 400€, so cubre a Xunta e nuns casos moi concretos o 45% do gasto de libros, o que despois hai que sumar o gasto de material escolar.
– Suba do IVE. Ainda que en Galicia os libreiros non van subir o IVE do material escolar ata outubro, esta claro que o resto do curso hai que seguir a comprar e reponer ese material escolar inicial e nese momento si hai que pagar ese incremento.
– Unificacion das rutas de transporte. O que conleva un maior tempo dos cativos dentro dos autobuses e mais tendo en conta a dispersión xeografica que temos nesta provincia
– Supresion de prazas nos comedores escolares. Se ven é certo que os alumnos becados van ter acceso o comedor escolar, os alumnos nos becados que ata agora se podían beneficiar deste servizo para asi favorecer a conciliación laboral-familiar neste curso non o van poder facer pois a Xunta enviou os centros instruccions co numero máximo de comensais que acollerian no comedor, con independencia de que este gasto o sufraga totalmente as familias. Ademais a elección de que alumnos se quedaban fora do comedor debe facela o Consello Escolar e dende logo os pais non somos quen para decidir que alumnos quedan fora do comedor escolar.
– Negativa dos Mestres a realización de actividades complementarias. Entendemos que os Mestres lles están a mermar as suas condicions laborais e neste senso asi os temos apoiado, pero o que non entendemos e que as consecuencias as paguen os nosos fillos. Dende aquí instamolos a que recapaciten e que as suas reinvidicacions as eleven contra a Xunta que e realmente quen lles esta a mermar esta condicions.
– Desdobre de aulas en Monforte. A Federación ten constancia de que na cidade de Monforte se fixo un desdobre de aulas con 25 alumnos coa promesa por parte do centro de que en setembro se ia matricular un alumno mais. O Sr. Conselleiro dixo que non se ian desdobrar aulas con 25 alumnos. Dende aquí queremos felicitar a dirección deste centro por conseguir esto, e asi crear un precedente para o resto de GAlicia
-Desmantelamento do ensino no rural. Estamos a sufrir nestes 3 ultimos anos un decrimento dos servizos en xeral do rural (preescolar na casa, sanidade, educación….) O rural é a nosa seña de indentidade e mais nesta provincia por iso dende aquí pedimos que se teña especial protección co ensino no rural. A plataforma en defensa da montaña e do rural estivo a facer durante os fines de semana de agosto o camino de Santiago e rematase o vindeiro dia 12 coa ultima etapa Monte do Gozo – Obradoiro. Sairemos dende monte do gozo as 9.30 para a chegada a Obradoiro e dende ali as 12 partir nunha manifestación polas ruas de Santiago ata S. Caetano. A plataforma pedira unha entrevista co Sr. Conselleiro pero non accedou a recibir a Plataforma nin el nin ningún representante da conselleria, co cal podemos ver o que a esta conselleria lle importan os problemas da montaña e do rural en xeral.
– Creacion da Coordinadora galega de ANPAS do rural. Esta coordinadora esta creada polas ANPAS de Lugo e Ourense asi como a FAPACEL , esta coordinadora nace coa pretensión de lanzar e coordinar as propostas de protestas que imos ter que levar a cabo durante este curso dado que os recortes non acaban no principio de curso, senon que se van levar a cabo durante o resto do curso.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



