A Mesa lanza unha campaña cos lemas “Alberto Núñez Feijóo non merece ser reelixido” e “Vota en galego”
Carlos Callón: “Feijóo e Mario Conde compiten entre si a ver quen despreza máis a lingua galega”
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en Santiago de Compostela unha campaña en que lembra “os principais ataques contra a lingua galega durante o goberno de Núñez Feijóo” como “razóns elocuentes de que este home non merece ser reelixido”.
A vicepresidenta da Mesa, Susana Méndez, explicou que esta iniciativa estará conformada pola difusión “o máis masiva posíbel” de cartaces en que se sintetizan “algúns dos principais retrocesos para o noso idioma” por causa da Xunta, xa que “adianto non houbo ningún”. Ademais, A Mesa chama á cidadanía a que divulgue estes materiais a través das redes sociais, “para que non fique ningún recanto de Galiza ao que non chegue este material”.
Carlos Callón manifestou tamén a súa “preocupación” porque os candidatos Alberto Núñez Feijóo e Mario Conde “compitan entre eles a ver quen despreza máis a lingua galega”. “Non habería peor noticia para o noso idioma que ver que o 21 de outubro volva a saír ratificado como presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, for en solitario ou cun bipartito con Mario Conde”, sinalou o portavoz da maior asociación cultural de Galiza.
Desde A Mesa lembran neste material que varios conselleiros do Goberno “despertaron vellos e malintencionados prexuízos” como que “a cultura galega limita” ou que “o galego pode ser un muro para o futuro”, ademais de ordenaren a maior destrución de libros de texto en galego “desde 1936”, un total de 190.000 exemplares que foron desbotados porque estaban escritos no noso idioma.
A asociación censura tamén o diñeiro e os esforzos institucionais que desde a Xunta presidida por Feijóo se destinaron a “atacar a lingua que nos une como galegas e como galegos”. Ante iso, conclúen que “o galego une e Feijóo separa”, motivo polo cal animan “a todas as persoas con sensibilidade polo noso idioma a que poñan todo o esforzo para botar fóra este goberno nefasto”. “Podemos descansar o 22 de outubro; antes, non”, finalizaron Carlos Callón e Susana Méndez.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



