A pegada do Fisiomedia tumba a un gran Burela FS no seu debut en Primeira
![]()
O equipo laranxa arrincou na súa Primeira tempada na máxima categoría realizando un máis que aceptable encontro no que a fortuna foille esquiva. Os locais protagonizaron as primeiras ocasións do encontro, asentados dun xeito correcto sobre a Pista Azul e metendo a poucos metros da súa portería ao Fisiomedia. Así chegou un forte disparo de Mimi desde a dereita, que se estrelou no traveseiro de Toñete. Foi unha clara ocasión enmarcada nun partido de xogo horizontal, sen riscos, con pausa na procura do gol.
Tras certos avisos, o Fisiomedia adiantouse no marcador grazas a Veiga, que culminou un pase de Rubén Cornejo á media volta desde a frontal. A vantaxe non minou o ímpeto do Burela Pescados Rubén, que cun disparo perigoso de Hugo, seguiu dando mostras das súas intencións. O conxunto laranxa atopouse co premio a balón parado, e é que as cinco faltas do Manacor a cinco minutos do final foron determinantes. Desde os dez metros e tras un disparo que tivo que volver repetirse, Juanma conseguiu no 17′ o 1-1, o primeiro gol da Historia do Burela na máxima categoría.
A segunda metade comezou con movemento no marcador. Tras unha falta de entendemento entre Edu e Mimi, Alejandro Veiga conectou un sutil toque por baixo das pernas do ex de Triman para facer o segundo, un punto de inflexión. O conxunto de Julio Delgado non puido imporse á presión na primeira liña do seu rival e encaixou o terceiro, obra de Víctor a pase de Lemine.
Con todo, a diferenza de dous goles pareceu animar ao equipo local, que baseado na súa velocidade fíxose co tempo do partido e gozou de dúas grandes ocasións para recortar distancias por medio de Iago Rodríguez. A cara, a boa reacción laranxa; a cruz, a pegada do Fisiomedia. Bruno Taffy conectou un forte dereitazo á escuadra de Edu, que subiu o cuarto no marcador e achegaba os tres puntos ao equipo de Tomás de Dios.
Quixo impedilo Delgado, sacando a falta de oito minutos para o final a Juanma, André e Mimi como porteiro-xogador, pero o risco non se impuxo á superioridade numérica. Desde 38 metros, Illán meteu un mísil terra-aire na portería galega conseguindo o quinto e definitivo gol. Con este resultado, o Fisiomedia Manacor escala ata a primeira posición da categoría.
Pancarta en defensa de los puestos de trabajo en Alcoa
La reivindicación del Comité de Empresa de Alcoa estuvo presente en Vista Alegre con la exposición de una pancarta en la que se podía leer “Pola defensa dos postos de traballo. Pola defensa da industria da Mariña. Pola continuidade de Alcoa”. El CD Burela FS quiere solidarizarse con la empresa y sus trabajadores.
Ficha do partido
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, André, Iago Míguez e Juanma. Tamén xogaron: Enrique Cánovas, Dani Martín, Christian, Hugo e Nacho Pedraza.
Fisiomedia Manacor: Toñete, Vadillo, Lemine, A. Vega, Rubén. Tamén xogaron: Joao Batista, Jesús Illán, Víctor, Joselito e Bruno Taffy.
Goles: 0-1 (min. 14′) A. Vega; 1-1 17′ Juanma; 1-2 21′ A. Vega; 1-3 25′ Víctor; 1-4 30′ Bruno Taffy; 1-5 35′ Jesús Illán.





















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
