Burela queda a una palmo de la vitoria ante Triman (2-3)
O equipo laranxa caeu (2-3) no seu feudo ante un ordenado Triman Navarra que aproveitou as súas oportunidades e de paso tirou de fortuna ao recoller un erro de Cánovas xogando como porteiro xogador que significou o terceiro na conta navarra. O adestrador Burelense, Xullo Delgado cualificou o resultado do duelo de ?tremendamente inxusto? e lamentou ?non dispor dun maior acerto en certos momentos, aínda que en xeral teño que felicitar ao meu equipo?. Pola súa banda Arregui eloxiou á bancada: ?Vista Alegre é espectacular? e advertiu que ?puido gañar calquera. O partido estivo moi igualado ata o último momento, cando eles cometeron ese pequeno erro?.
Vista Alegre vestiuse de gala para recibir o seu segundo partido na máxima categoría. Preto de 1.300 espectadores encheron o pavillón mariñán. Recibiu o primeiro o equipo local sen apenas tempo para colocarse nos asentos (0-1. Minuto 1) logo dun fallo defensivo laranxa que aproveita Carlitos á perfección. O Burela FS Peixes Rubén non veu abaixo e presionou con acerto, apoiado por unha bancada que animou constantemente aos seus. Tras varias ocasións, foi Mimi o que puxo a igualada no electrónico (1-1. Minuto 12), pero Rafa Usín volvería adiantar a Triman tras a continuación (1-2. Minuto 22). A insistencia dos laranxas obtería os seus froitos no minuto 30 da man de Dani Martín (2-2) e logo de ocasións sucesivas duns e outros.
O choque igualouse a medida que o tempo chegaba ao seu fin. Xullo Delgado apostou entón por utilizar xogo de cinco e Enrique Cánovas comeu o balón nun lance desafortunado que deixaba só a posta baleira a Xinbinha, que non fallou e puxo o definitivo 2-3 no marcador.
Ficha do partido
CD Burela FS Peixes Rubén: Edu, Mimi, André, Iago Míguez e Hugo. Tamén xogaron: Nacho Pedraza, Enrique Cánovas, Dani Martín e Christian Palmeiro.
Triman Navarra: Asier, Javi Eseverri, Jesulito, Roberto Martil e Carlitos. Tamén xogaron: Araça, Iván, Jonathan Vilches, Rafa Usín e Ximbinha.
Goles: 0-1 (minuto 1) Carlitos, 1-1 (minuto 12) Mimi, 1-2 (minuto 22) Rafa Usín, 2-2 (minuto 30) Dani Martín e 2-3 (minuto 39) Ximbinha.
Cartóns: Mimi, Javi Eseverri, Rafa Usín e Dani Martín























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
