ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGA AOS AUTÓNOMOS DE LUGO AS CLAVES DO EMPRENDEMENTO E DA XESTIÓN DE EMPRESAS NA ACTUALIDADE
No encontro, que se celebrará o martes na sede de CEAT, abordaranse cuestións relativas ás peculiaridades do novo mercado financeiro e sobre as claves do acceso ao financiamento
Para apoiar o novo emprendemento ou a consolidación dos negocios con menos dun ano en funcionamento impulsados por autónomos ou emprendedores, o Igape mantén activo o programa re-Emprende
A iniciativa, que se desenvolverá en colaboración con algunhas das asociacións de autónomos máis representativas, chegará en próximas datas a Ourense, Vigo e Ferrol
Lugo, 30 de setembro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria promove a organización dun ciclo de xornadas técnicas para achegar aos autónomos galegos as claves para facilitar o emprendemento e a xestión das empresas na actual situación económica. Os encontros, que se desenvolverán en colaboración con algunhas das asociacións máis representativas do colectivo, comezarán este martes, día 2, en Lugo, para chegar en próximas datas a Ourense, Vigo e Ferrol.
A xornada, que se celebrará na sede da CEAT en Lugo, pretende achegar a este colectivo empresarial as habilidades necesarias para enfrontar os cambios estruturais que se están a producir nas empresas, no emprendemento e na actividade económica dos diferentes axentes.
Así, a través do seu Servizo de Apoio ao Autónomo, o Igape promove unha reflexión compartida con este importante colectivo empresarial para abordar en común cuestións do seu interese, referidas tanto ao novo emprendemento coma á xestión de negocios en funcionamento. As xornadas achegarán igualmente información sobre as peculiaridades do novo mercado financeiro e sobre as novas claves do acceso ao financiamento.
Para facilitar tanto o novo emprendemento como a consolidación temperá dos negocios promovidos por emprendedores ou autónomos e con menos dun ano en funcionamento, a Consellería de Economía e Industria mantén activo na actualidade o programa re-Emprende, con subvencións que poden oscilar entre o 15 e o 50% dos investimentos subvencionables, comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes ao amparo deste programa rematará o próximo 15 de novembro.
A seguinte semana, o martes 9 de outubro, tamén na sede CEI de Lugo abordarase o tema da Demanda e xestión flexible. Para máis información, os interesados poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: anng@igape.es























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



