Basket: Juan Nécega sustitúe a Cris Vázquez á fronte do equipo de 1ª Autonómica.
Cris Vázquez non seguirá esta vindeira temporada ó fronte do equipo de 1ª Autónomica Lourenzá Ensino, aínda que sí seguirá ligada á disciplina do Ensino traballando nas categorías inferiores con equipos en Liga Autonómica. Dende a directiva só temos verbas de agradecemento hacia Cristina polo traballo realizado, chegando o equipo a temporada pasada a situarse como 6º clasificado da Liga, o que nos daba a mellor clasificación da nosa historia dos sete anos que levamos nesta competición.
Así pois, retorna ó equipo un vello coñecido pola afición: Juan Nécega despois de estar a temporada pasada co cadete e junior do Ensino alternará esta temporada o Junior Feminino co de 1ª Autonómica, e fará ó mesmo tempo de enlace co equipo de Liga Feminina – 2.
Na medida en que se confirmen as renovacións de xogadoras así como as novas incorporacións iremos informando.
Ademáis, acabamos de coñecer o calendario desta nova temporada:
1ª Xornada: Universitario C. Ourense – Lourenzá Ensino. 21 Outubro.
2ª Xornada: La Salle Santiago – Lourenzá Ensino. 4 Novembro.
3ª Xornada: Lourenzá Ensino – Pio XII Santiago. 11 Novembro.
Tan pronto esté publicado, daremos a dirección do enlace.
Moita sorte nesta nova andaina…!!!






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
