Ducias de nenos, nenas e adultos disfrutaron onte domingo das diversas actividades organizadas polo Concello de Burela para celebrar a Semana Europea da Mobilidade. Houbo xogos deportivos ao aire libre, talleres de maquillaxe e caracterización, As Encaixeiras palillaron na rúa, houbo tamén actuacións musicais e unha merenda saudable. A actuación de maxia a cargo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña congregou a moitas persoas durante a tarde, ao igual que a merenda. Nesta mañá de luns, 17 de setembro, nenos, nenas e rapaces disfrutan do circuito de karts no pavillón dos IES e os alumnos de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme participan no xogo de residuos de Sogama. Pola tarde de 16:30 a 18:30 horas o circuito de karts estará aberto ao público no pavillón dos IES. As actividades da Semana Europea da Mobilidade seguirán ata o vindeiro sábado, 22 de setembro, en Burela.
————
INTEGRACIÓN PLENA DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA NA COMUNIDADE:
Promover a integración social dos nosos usuarios coa conseguinte integración e sensibilización por parte da sociedade , foi o obxetivo claramente conseguido onte en Burela, por parte da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”.
O éxito foi absoluto, cando nos sumamos ós actos organizados co gaio da Semana Europea da Mobilidade.
Así , os usuarios dos nosos Centros de Rehabilitación Psicosocial, participaron activamente, impartindo un obradoiro de foami para nenos e a actuación de maxia dun dos nosos usuários, o Mago Jo, que foi moi aclamada. Ó mesmo tempo , o persoal da Asociación aproveitou para dar información no stand que se dispuxo ademais para mostrar distintos productos artesanais creados nos talleres ocupacionais.
O obxetivo desta iniciativa era loitar contra o estigma , e promulgar unha verdadeira integración dos nosos pacientes na comunidade; de ahi que hoxe estén todos os nosos usuários moi ledos e satisfeitos, o cal repercutirá moi positivamente na sua mellora terapêutica e subida de autoestima.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



