O BNG COMPROMÉTESE A TRABALLAR PARA LOGRAR EMPREGO CON DEREITOS E SANIDADE DE CALIDAD
Foz, 25 de setembro de 2012. “Emprego con dereitos, sanidade de calidade’ é o lema do acto que se celebrará o xoves, 27 de setembro, ás 20:30 horas, na Sala Bahía, e que contará coa presenza de Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG, Ana Ermida, candidata para os comicios do 21-O, Xosé Pava, do comité de empresa de Alcoa e Atilano Fernández, portavoz da comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública.
Con este acto, aberto ao público, preténdese chamar a atención sobre as falla de políticas dos gobernos central e autonómico encamiñadas a crear emprego e das consecuencias da reforma laboral aprobada polo Executivo de Rajoy e que vén de cumprir seis meses.
Guillerme Vázquez insistirá na limitación e no recorte de dereitos que provocan as políticas neoliberais do Partido Popular, que se sitúan no lado oposto dos plans do BNG, cuxa máxima é traballar para lograr emprego con dereitos e unha sanidade pública gratuíta e de calidade.