O Burela FS Pescados Rubén clausurou a pretempada onte en Vista Alegre con goleada sobre o Soto del Barco asturiano (12-1), de Segunda División B.
A escuadra de Julio Delgado un total de oito amigables na preparación do histórico salto á Primeira División 2012-13. Proclamouse campión do Memorial Celso Currás de Trabada, ante o Santiago Futsal (3-1); tamén gañou a Automoción La Junquera (5-3) e O Esteo As Pontes FS (3-2); no entanto os composteláns resarcíronse no Trofeo de Cidade de Tui (2-0). A presentación do Azkar Lugo quedou en táboas (4-4). Dende Asturias, chegou o subtítulo de subcampión do I Trofeo Vila de Ribadesella (Avilés Sport 6-3, en semifinais, e Triman Navarra, 3-0).
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Mimi, Iago Míguez, Nacho Pedraza e Dani Martín, no cinco inicial; tamén xogaron Antón, Christian, André, Juanma, Enrique, Hugo e Edu
Soto del Barco: Vior, Fredi, Miguel, Manute e Iñarrea; tamén xogaron Samuel, Ricki, Michel, Gerardo e Danielín
Goles: 1-0, Dani Martín; 2-0, Mimi; 3-0, Nacho Pedraza; 4-0, Juanma; 5-0, Nacho Pedraza; 6-0, Antón; 7-0, Juanma; 8-0, Juanma; 8-1, Miguel; 9-1, Christian, 10-1, Enrique; 11-1, Iago Míguez; 12-1, Dani Martín.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
