O Club Baloncesto Burela tiña convocados aos pais/nais das xogadoras dos equipos Júnior e Cadete a unha xuntanza coa diretiva para informalos sobre a nova temporada 2012-2013, dita xuntanza estaba prevista para as 11:30 de hoxe sábado no Salón de conferencias da antiga biblioteca, para iso como é preceptivo solicitaramos o local e abonamos a taxa correspondente 10 €.
En vista de que o local estaba pechado ás 11:45 chámamos á Policia Muncipal que nos informa que avisa aos Grumir para que nos abran. Ás 12:25 chegan abrirnos os locais cando xa algúns pais abandonaran o local.
Unha hora tarde, hora de Canarias, informamos aos pais sobre o que temos previsto para temporada, queremos aproveitar este medio para pedir disculpas aos pais das xogadoras por un feito que para nada é imputable ao Club. E non temos calificativos para aplicarlle a un goberno muncipal, que nos deixou sen axudas de ningún tipo, nos cobra 10€ polo uso dun local que no nos abre e pon todos os atrancos posibles aos nenos e xoves que queren practicar deporte. Entendemos que este é o camiño máis corto para acabar co deporte en Burela.
A próxima semana tiñamos previsto informar aos pais das categorías inferiores, pero teremos que reprantexarnos onde.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
