AS ARBITRAXES LEVADAS A CABO POLO IGC PERMITEN ATA HOXE QUE CASE 500 FAMILIAS GALEGAS AFECTADAS POLAS PREFERENTES RECUPEREN OS SEUS AFORROS
Ata o momento celebráronse 863 vistas e todos os laudos emitidos foron positivos
O Instituto, dependente da Consellería de Economía e Industria, continúa a reforzar o seu traballo tanto para informar sobre a fórmula da arbitraxe como para a tramitación das solicitudes que ascenden a 14.000
Santiago, 6 de setembro de 2012.- As arbitraxes levadas a cabo polo Instituto Galego de Consumo ata a data, teñen permitido que case 500 familias galegas afectadas pola mala praxis na comercialización de participacións preferentes, recuperaran os seus aforros. Ata o día de hoxe, o Instituto Galego de Consumo, dependente de Economía e Industria, leva celebrados 863 vistas e todos os laudos emitidos polo momento foron positivos para o reclamante.
O traballo que está a realizar o Instituto Galego de Consumo, o primeiro de España na celebración de arbitraxes nos últimos anos, viuse reforzado desde que se autorizou a arbitraxe e arrancou o mecanismo para a celebración das vistas, e hoxe contan con 23 árbitros para aportar maior axilidade ao proceso e levar a cabo o maior número posible de vistas cada día.
Ademais, desde o IGC nas sete cidades galegas, ás máis dun centenar de OMICs en Galicia e ás Asociacións de Consumidores, estase a facilitar información sobre as distintas vías abertas para a reclamación dos afectados polas preferentes. De feito, ademais de xestionar as solicitudes de arbitraxe, que alcanzan as 14.000, o IGC ten enviado máis de 2.000 solicitudes á Fiscalía -coas que artellou a demanda conxunta- e recollido e enviado á Comisión Nacional del Mercado de Valores, 11.800 reclamacións.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



