ACTO DE PRECAMPAÑA: No balance da lexislatura que levaron a cabo esta mañá Raquel Arias e José Manuel Balseiro en Ribadeo
O PP destaca os preto de 300 millóns de euros que o Goberno de Núñez Feijóo investiu na Mariña nunha lexislatura que cualifican de histórica
• As residencias e servizos sociais, as vivendas de protección pública, o investimento nos servizos chamados a garantir a vida e integridade física dos profesionais do mar son mostras dun goberno preocupado polas necesidades dos cidadáns
• A solvencia, o control do déficit público, a blindaxe nos Servizos Sociais e do reequilibrio territorial definen a lexislatura de Alberto Núñez Feijóo nesta comarca
Ribadeo, 22 de setembro de 2012.- A cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias e o coordinador da campaña electoral en Lugo e número 3 na candidatura ás eleccións autonómicas, José Manuel Balseiro fixeron, esta mañá, en Ribadeo, un balance da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo na comarca da Mariña.
Acompañados por integrantes da lista electoral popular ao 21-O e de outros dirixentes mariñáns, Balseiro e Arias destacaron os preto de 300 millóns de euros que o Goberno de Núñez Feijóo investiu na Mariña, cifra que cualificaron como “histórica” xa que “nunca un Goberno ten investido tanto nesta comarca”.
“Malia a ter que xestionar a crise máis grande dos últimos 80 anos, pasando dun orzamento de 12.000M€ a menos de 8.500M€, o Goberno de Núñez Feijóo non se esqueceu da Mariña e priorizou nela o esforzo inversor da Xunta achegando ata 295M€”. Explicaron os populares, que concretamente, só neste ano 2012, o Goberno galego, leva investidos 35.7 millóns de euros reais nesta comarca”.
Balseiro e Arias afirmaron que o Goberno da Xunta de Galicia investiu en tódalas áreas e en tódolos concellos, independentemente da súa cor política, “a diferenza do comportamento do anterior bipartito”.
COMPROMISO SOCIAL
“O compromiso social foi clave para preservar os dereitos adquiridos en época de bonanza” e “este Goberno non só o mantivo senón que incrementou considerablemente”.
“No mantemento do sistema de benestar investíronse máis de 12.65 M€, poñéndose en marcha novas escolas infantís en Burela, Ribadeo, Alfoz, Foz e O Valadouro, o que deu lugar a 220 prazas máis. Tamén tivo presente o Goberno de Núñez Feijóo as Residencias e Centro de Día de Cervo e Viveiro: para a primeira concedeu unha subvención de 400.000E e para a segunda destinou 8.8 M€, para o seu mantemento, o que implica 180 prazas novas”- afirmaron os populares
Resaltaron Raquel Arias e José Manuel Balseiro as vivendas de protección pública na Mariña, como as vivendas de promoción pública entregadas en Ribadeo e Barreiros. Destacaron tamén os populares a rehabilitación de 80 vivendas de promoción pública no Concello ribadeirense, cun importe de máis de 200.000M€ e as 15 vivendas de promoción pública entregadas no Concello de Cervo, “máis de 200 nestes últimos catro anos que triplican as do bipartito”
No ámbito marítimo salientaron os populares o investimento da Consellería do Medio Rural e Mar na mellora dos servizos chamados a garantir a vida e integridade física dos profesionais do mar. Falaron Arias e Balseiro do helicóptero Pesca 2 que recibiu 15 millóns de euros ao obxecto de dobrar a súa tripulación de voo, e garantir deste xeito a súa plena operatividade as 24 horas do día e os 365 días do ano, coas correspondentes melloras na súa base loxística situada en Celeiro.
Destacaron tamén os populares a apertura dos parques de bombeiros en Viveiro e Barreiros, que supuxeron correxir unha deficiencia histórica en materia de emerxencias e a mellora do Xuzgado de Viveiro, ademáis dos investimentos do Fondo de compensación ambiental que permitiu a mellora de espazos.
Concluíron o balance falando de educacion, onde destacaron as diversas obras en mellora de centros educativos, coma Ribadeo, e a dotación de varios centros plurilingües na comarca do proxecto abalar que inclúe unha aposta para o uso das novas tecnoloxías por parte dos estudiantes.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



