O alcalde de Mondoñedo e o socio de Goberno recoñecen que a contabilidade que aprobaron en solitario da anualidade 2011 é ficticia
Na propia sesión plenaria os servizos xurídicos informaron que na contabilidade había erros tales como anotar contablemente unha subvención dúas veces, información que agardan sexa recollida na correspondente acta
Os populares insisten na necesidade de rigor e nas contabilidades e recordan o diñeiro público que se investiu na súa elaboración
Mondoñedo, 29 de setembro de 2012.- A Voceira do PP en Mondoñedo, Elena Candia informa que o Equipo de goberno se comprometeu a correxir o resultado ficticio e da contabilidade aprobada en solitaria por BNG-PSOE na propia sesión plenaria da anualidade 2011 reflectía un remanente de Tesourería de 2 millóns de euros.
Os populares esixíronlle ao equipo de goberno que deixe de dilapidar diñeiro público en elaborar contabilidades que reflicten un resultado tan ficticio e que de pouco ou nada serven para os fines co que orixinariamente se crean.
Os populares previo a votación da moción que presentaron na que pedían: que se existise ese remanente de Tesourería se fixesen os pagos correspondentes se estes existisen; se cancelara a operación de pago a proveedores ou se emplease en inversión no concello, e senón existía se correxise de xeito inmediato cos procedemento económicos/xurídicos que existen ao efecto, tales como depuración de saldos.
Previo a esa moción Elena Candia lembroulle ao alcalde que a responsabilidade na que podería incurrir, non facer o que lle estaban a pedir os populares, máxime cando leva dende xaneiro do ano pasado, 2011, co gasto reparado.
A incapacidade do señor alcalde e do Equipo de Goberno é patente en cada unha das xestións para cada unha das cuestións máis importantes que afectan ao Concello de Mondoñedo: a contabilidade ficticia, o Plan Xeral de Ordenación Municipal que ía ser aprobado provisionalmente fai máis de 5 meses que continúa sen estar aprobado e con un atraso, insistimos, de 5 meses, levan a esta sesión plenaria a unha consulta a Consellería de MATI; trámite que rexeitaron aprobar pese a serlle solicitado no mes de xullo polo PP.