Gómez Besteiro presenta á Xunta de Voceiros a declaración institucional que esixe a nova tarifa para Alcoa
– O Presidente aproveitou esta reunión para adiantar a aprobación deste texto ó Pleno do 25 de setembro, tendo en conta que a multinacional xa advertiu que “tomará decisións” se o Goberno Central e o galego non ofrecen solucións antes do 5 de outubro
– Gómez Besteiro tamén propuxo a PSOE, BNG e PP que os Deputados rexeiten as indemnizacións por asistencia ó Pleno extraordinario de mañá, que imposibilita tratar outros asuntos que as modificacións na composición da Corporación polas eleccións autonómicas
– O titular provincial defende que hai solucións para Alcoa, como as houbo noutras ocasións e cando Galicia ten excedentes de enerxía, sendo a 5ª Comunidade en España que máis luz exporta, polo que urxe, unha vez máis, a Rajoy e Feijóo medidas “de xeito inmediato”
![]()
O titular provincial, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu hoxe a Xunta de Voceiros da Deputación na que presentou a PSOE, BNG e PP a declaración institucional da Deputación de Lugo que esixe unha nova tarifa eléctrica para Alcoa co fin de evitar o seu peche e manter os 2.000 postos de emprego que xera na provincia. O Presidente quixo adiantar, deste xeito, a imprescindible presentación deste texto a todos os grupos políticos con representación na institución para poder aprobalo na vindeira sesión ordinaria do Pleno Provincial, que terá lugar o martes 25 de setembro.
A decisión de Gómez Besteiro prodúcese logo de que a multinacional anunciase que o 5 de outubro, como data límite, “tomaría decisións”, no caso de que Goberno central e Xunta sigan sen despexar cal será o prezo da enerxía en España, así como a retrasar a aprobación da Reforma enerxética. Ante este “ultimatúm”, o mandatario provincial aproveitou a reunión dos voceiros provinciais deste mércores, realizada debido á celebración do Pleno extraordinario de mañá con motivo das modificacións que sofre a composición da Corporación Provincial polas eleccións autonómicas, para presentar este texto e poder acordalo canto antes co obxectivo de influír no proceso de negociación da tarifa eléctrica dentro das súas posibilidades, como institución con representación na provincia.
Por outra banda, na xuntanza, o Presidente tamén propuxo a PSOE, BNG e PP, que todos os Deputados prescindan das indemnizacións por asistencia ó Pleno de mañá debido ó seu carácter extraordinario, que imposibilita tratar outros asuntos. Esta cuestión someterase á votación na sesión plenaria deste xoves, que terá lugar ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo Provincial.
Situación ó límite
Alcoa finalizará finalizará o seu contrato eléctrico o 31 de decembro polo que leva meses esperando a que o Executivo de Rajoy negocie coas eléctricas unha nova tarifa enerxética reducida para poder continuar coa súa actividade. Esta demora xa obrigou á multinacional a iniciar expedientes de regulación de emprego nas factorías que posúe en Avilés e A Coruña, afectando a uns 100 traballadores. Segundo Alcoa, este ERES son froito da factura eléctrica, que representa o 40% dos seus custes de produción, polo menos, nas instalacións coruñesas. A fábrica de San Cibrao é a máis competitiva de Alcoa en España debido a súa innovadora tecnoloxía. Isto permítelle aforrar custes de produción e, polo tanto, frear, ata o momento, un ERE na fábrica cervense. Nembargantes, segundo declaracións públicas do Director Xeral de Industria do Goberno de Asturias, Luís Ángel Colunga, esta situación de incerteza fixo que a multinacional xa se plantexe deixar de producir aluminio a partires de xaneiro tanto en Asturias como en Galicia.
Negociacións sen resultados
Ante esta situación, o Goberno de Asturias non cesou de manter contactos con todos os ámbitos do Ministerio de Industria para buscar unha solución. Pola súa banda, a Xunta de Galicia anunciou en xuño o compromiso do Ministro José Manuel Soria e avanzou que antes de agosto o Goberno Central aprobaría unha reforma enerxética. A 12 de setembro nada se sabe sobre este asunto a pesares dos anuncios. Por exemplo, o Executivo de España afirmou que o 26 de xullo se celebraría unha Comisión Delegada de Asuntos Económicos, na que se estudaría esta reforma para aprobala ó día seguinte, no último Consello de Ministros dese mes (venres 27 de xullo). Non foi así malia que esta reforma é determinante para poder negociar o prezo definitivo da tarifa eléctrica de Alcoa, que lle permita manter a súa produtividade e, polo tanto, os miles de empregos que xera na provincia luguesa.
A Deputación no proceso
Alcoa conta na actualidade con 6 centros de produción en distintas comunidades. A de San Cibrao constitúe o maior complexo industrial de Alcoa en España, sendo o principal motor económico e social da Mariña luguesa dende hai 20 anos que foi inaugurada. Xera 2.000 empregos e representa o 35% do PIB da provincia. Por este motivo, a Deputación sempre estivo involucrada na graves situación que está a atravesar. Xa o 15 de xuño, o Goberno Provincial aprobaba en Xunta de Goberno unha declaración institucional, esixindo á Xunta e ó Goberno Central un trato preferente para Alcoa. O 19 de xuño, Gómez Besteiro mantiña un encontro con traballadores de Alcoa San Cibrao e das súas empresas auxiliares, no que lles trasladou o apoio da Deputación. Só un día despois, en cumprimento da palabra a estes traballadores e aproveitando a sinatura dun protocolo de colaboración entre Xunta e Deputacións, o Presidente lugués fíxolle saber, persoalmente, a Núñez Feijóo que este asunto é unha das máximas preocupacións da Deputación de Lugo, reiterándolle a necesidade de que o Goberno galego actúe e medie. O 6 de xullo, Gómez Besteiro secundou a manifestación convocada polos traballadores de Alcoa na Mariña. Á semana seguinte (15 de xullo), tras varias conversas telefónicas, o Presidente da Deputación de Lugo mantiña un encontro co Presidente de Alcoa España, José Ramón Camino. Nesta reunión, que tivo lugar na sede central da multinacional en Madrid e que se celebrou por petición de Gómez Besteiro, o máximo mandatario lugués amosou a Camino a súa preocupación, así como a súa disposición, para axudar a desbloquear a actual situación de incerteza.
Hai solución
Gómez Besteiro defende que hai solución para Alcoa e lembra que o anterior Goberno Central asegurou un sistema tarifario estable durante anos, mantendo os máis de 2.000 empregos que dependen de Alcoa en Lugo. Por este motivo, urxe a Rajoy e a Feijóo unha solución de xeito inmediato na que “contarán co respaldo de todas as forzas políticas e de todos os veciños desta provincia”. O titular provincial salienta que non é comprensible que Galicia, tendo excedentes de produción enerxética, non poida manter a Alcoa no seu territorio e a multinacional estude marchar a Noruega ou Abu Dhabi. Segundo o Informe de Rede Eléctrica de España, Galicia xerou o ano pasado 26.621 gigavatios hora, exportando a súa cuarta parte a outras zonas de España e Portugal. Galicia é na actualidade a quinta Comunidade en España que máis luz aporta ó conxunto do país. É salientable o feito de que o sistema enerxético de España conte con zonas negras como Madrid que ten que cubrir o 95% da súa demanda con electricidade que chega doutras Comunidades que xeran máis enerxía da que consumen. Ó mesmo ocorre con País Vasco, Cataluña, Valencia ou Cantabria.
O GOBERNO PROVINCIAL DEMANDA AO EXECUTIVO ESTATAL UNHA SOLUCIÓN AO PROBLEMA DA TARIFA ELÉCTRICA PARA ALCOA
O vicepresidente, Antonio Veiga, considera que
“a deslocalización de Alcoa na Mariña tería consecuencias irreparables para toda a provincia”
Lugo, 12 de setembro de 2012. O grupo de goberno da Deputación provincial de Lugo, a instancias do BNG, presentou, na xunta de portavoces celebrada esta mañá, unha proposta para instar ao goberno do Estado a presentar de xeito inmediato unha solución ao problema da tarifa eléctrica de Alcoa e a garantir a continuidade da factoría na comarca da Mariña.
Os socios de goberno apoiaron esta iniciativa sobre un asunto que o vicepresidente da institución provincial, o nacionalista Antonio Veiga, considera de “máxima urxencia e gravidade”.
“Existe un risco real de que Alcoa non continúe en Galiza pola falla de solucións dos gobernos central e autonómico ao problema da tarifa eléctrica para unha das empresas clave para o tecido empresarial da provincia, xa que representa o 37 por cento do PIB lucense e xera máis de 2.000 empregos entre propia planta e as empresas auxiliares. A desaparición de Alcoa tería un impacto na economía de toda a provincia con consecuencias incalculables e irreparables” – sentenciou o vicepresidente e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



