Os xornalistas Valentín Carrera e Yolanda del Campo presentan na Deputación o seu libro: As eleccións xerais do 20N na rede
– O Salón de Actos de San Marcos acollerá o vindeiro mércores, ás 20:00 horas, a presentación do libro electrónico, organizada polo organismo provincial
– Na mesma xornada, catro cronistas políticos de referencia -Anxo Lugilde, Domingos Sampedro, Xabier Blanco e José Luis Gómez- analizarán as eleccións galegas
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá o vindeiro mércores, ás 20:00 horas, a presentación dun novo libro dos xornalistas Valentín Carrera e Yolanda del Campo: As eleccións xerais do 20N na Rede: crónica e análise da campaña. Trátase da continuación doutra obra anterior publicada hai un ano, Municipais 2011 en Galicia, ambas as dúas editadas en ebook por Edicións Lea.
O organismo provincial organiza o acto de presentación, ó igual que un debate posterior sobre as eleccións galegas convocadas para o 21 de outubro, que contará coa participación de catro dos cronistas da política galega de referencia: Anxo Lugilde, columnista de El Progreso e La Vanguardia; Domingos Sampedro, o destacado cronista político de La Voz de Galicia; Xabier Blanco, xornalista de La Región; e José Luis Gómez, exdirector de Xornal, que foi pioneiro en prensa web e comentarista en TVE e outros medios. O propio Valentín Carrera moderará a mesa redonda, que leva por título “Eleccións galegas: O futuro do noso país”. Todos eles, cunha dilatada e prestixiosa traxectoria profesional, comparten, ademais, a súa participación en dúas tertulias de referencia do país: O Faladoiro e A Crónica, na Radio Galega.
Aposta polas novas tecnoloxías e a Rede
Os autores do libro, Carrera e Del Campo, traballan como community managers e fan con este ebook unha decidida aposta polas novas tecnoloxías e a Rede. Yolanda del Campo, que actualmente desempeña o seu labor na Escola de Cine de La Habana, é licenciada en Publicidade e Comunicación Audiovisual, realizadora de TV (a súa última serie na TVG, O fío do retrato) e artista multimedia.
Pola súa banda, Valentín Carrera é escritor e xornalista de longa experiencia, autor dunha ducia de libros (Riosil, premio Blanco Amor de Novela) e numerosas series de TV (dende As viaxeiras da luz a Doa a doa), ademais de blogueiro da actualidade política galega en @Tornarratos e colaborador de Galicia Confidencial e outros medios.
En canto ao ebook, pódese descargar na web de Edicións Lea, a través do seguinte enlace: http://lea.galiciamedia.com/index.php/catalog/product/view/id/288/s/as-eleccions-xerais-do-20n-na-rede-pdf/category/10
Trátase da segunda entrega dunha serie de catro análises electorais: o primeiro estivo dedicado ás eleccións municipais (maio 2011); este céntrase na campaña das xerais do 20 de novembro pasado; o terceiro abordará xustamente a campaña das autonómicas galegas que está quentando motores; e rematará a serie cun cuarto traballo dedicado, no seu momento, á presenza e participación galegas no Parlamento Europeo. Os autores explican que se trata de catro escalóns político-administrativos -municipal, autonómico, estatal e europeo- aos que podería engadirse un quinto sobre as pedanías se non fose porque están en proceso de desaparición.
Dobre lectura: Crónica desenfada e detida análise
Segundo Carrera e Del Campo, as 200 páxinas do libro que agora se publica teñen unha dobre lectura: fan unha crónica subxectiva e desenfadada de como foi a campaña electoral das xerais nas catro provincias galegas e percorre, día a día, nunha detida análise, a fervenza de informacións na Rede, principalmente en Twitter e Facebook. Os xornalistas afirman que esta análise “é posiblemente a parte máis novidosa do ebook: en maio de 2011, coa explosión do famoso 15M, a campaña estreouse timidamente nas redes sociais e algúns candidatos aventuráronse a dar os seus primeiros pasos en Twitter e Facebook, con certo despiste. Apenas seis meses despois, no 20N, a campaña xa discorreu pola rede dun xeito fluído e case principal, deixando atrás outros medios de comunicación”.
Para os autores, todo fai prever que nas eleccións autonómicas do 21 de outubro próximo, as redes sociais e os medios online “van ter un papel preponderante e decisivo, toda vez que os recursos económicos son escasos, as campañas terán orzamentos reducidos e as redes permiten, especialmente aos grupos novos ou pequenos, facer a súa guerrilla informativa cun custe económico moi baixo”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



