MAÑÁ PRESÉNTASE NO AUDITORIO MUNICIPAL A CURTAMETRAXE ONDAS NA REDE, ELABORADA POLO ALUMNADO DOS CENTROS DE ENSINO RIBANDESES DENTRO DO PROXECTO ENRÉDATE CON XEITO. TERESA GONZÁLEZ EXPLICA QUE “SE TRATA DUNHA EXPERIENCIA EDUCATIVA PARA PREVIR AS ADICCIÓNS ÁS REDES SOCIAIS”.
Ribadeo, 19 de setembro de 2012. Mañá xoves, 20 de setembro, preséntase no auditorio municipal a curtametraxe Ondas na rede, elaborada por 110 alumnos e alumnas dos centros de ensino ribadenses dentro do proxecto EnREDatE con xeito da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais. Teresa González indicou que “se trata dunha experiencia educativa para previr as adiccións ás redes sociais”. O acto dará comezo ás 20 horas.
A edil nacionalista lembrou que “o proxecto EnREDatE con xeito xurdiu a principios do curso pasado porque viamos a necesidade de comunicar os datos que a técnica de drogodependencias e trastornos aditivos recolleu nos distintos centros de ensino sobre o uso e o dominio que ten a mocidade das redes sociais”. Teresa González sinalou que “para facelo público quixemos darlle un formato un pouco atractivo. O obxectivo é concienciar ás familias de que as redes sociais están de plena actualidade, as familias deben actualizarse e usalas para permitir que as súas fillas e fillos as utilicen e saber ao mesmo tempo os riscos que iso conleva. E aos xoves queremos facerlles ver que non é todo tan doado e que ten moitas vantaxes, pero tamén inconvintes”.
EnREDatE con xeito constou de tres fases, “na primeira nos centros de ensino realizóuse unha fase formativa na que un técnico os informou sobre o uso das redes sociais. Na segunda fase encomendóuselles un traballo a cada centro participante, e un deles tiña que, cos datos reais que tiñamos na área de drogodependencias e trastornos aditivos, facer guións sobre todo isto; outro dos centros abordou as vantaxes e riscos das redes sociais e o terceiro centro analizou un pouco a evolución dos sistemas de comunicación desde os anos 80 ata a actualidade. Xurdiron moitos guións porque o alumnado participante chegou aos 110 rapaces e rapazas. E finalmente na terceira fase fíxose un refundido de todos os guións que deu lugar á grabación da curtametraxe Ondas na rede”, segundo a concelleira de Saúde e Servizos Sociais.
Teresa González indicou que “esa curta ten un fío condutor, dous amigos que se atopan despois dun certo tempo e falan do uso das redes. Sentímonos moi orgullosos de poder levar adiante este proxecto porque ao principio parecía difícil, pero os resultados son altamente positivos”. A edil nacionalista agradece “a labor das orientadoras dos centros educativos, dos equipos directivos e da técnica de drogodependencias, que puxo todo de sí para que este soño fose unha realidade”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



