A Consellería de Traballo e Benestar ven de conceder unha subvención por importe de 20.093,38 € para facer fronte aos gastos de mantemento do Centro de Emerxencia Social María Nazarena de Burela, xestionado polas Fillas do Divino Celo – Rogacionistas. Con esta subvención cúbrense os gastos xerais de luz, auga, calefacción, alimentación, roupa, etc. que precisan os usuarios deste Centro.
Esta subvención foi concedida dentro da Orde de Subvencións a Entidades de Iniciativa Social, para o mantemento e promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios no ano 2012.