ATA O XOVES ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE BURELA.
![]()
Burela, 25 de setembro de 2012. O vindeiro xoves, 27 de setembro, ás 14 horas remata o prazo para inscribirse nas escolas deportivas municipais que organiza o Concello de Burela para os nenos e nenas nados entre 1996 e 2007. En todas as actividades ofertadas existe un número máximo de prazas, que será de 15 por grupo, “co obxectivo de que aseguren o correcto funcionamento dos grupos, así coma un número mínimo para poder levalas a cabo”, segundo explica a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro.
As fichas de inscrición deben presentarse na Casa da Xuventude antes das dúas da tarde do vindeiro xoves. Desde a Delegación de Deportes advirten de que “todo aquel que non teña formalizada e entregada a ficha correspondente non poderá asistir á actividade ata realizar dito requisito”. A adxudicación das prazas realizaráse por rigorosa orde de inscrición. A partires do venres, 28 de setembro, faráse pública a lista de admitidos na Casa do Concello.
As actividades que se ofertan son: bádminton, patinaxe artística, tenis de mesa, xogos tradicionais, ballet, patín lúdico e tenis.
A tempada 2012/13 dará comezo o 1 de outubro e rematará o 31 de maio.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
