A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reclama unha solución inmediata para a depuradora
Desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz solicitamos con urxencia unha solución para o sistema de depuración de augas residuais da nosa localidade. Non é este un problema novo, xa que desde o mesmo comezo da actividade da actual estación depuradora, víronse producindo malos olores e problemas de funcionamento que foron puntualmente denunciados por veciños e colectivos. Pero si é un problema que se agrava co paso do tempo e que chegará a ser imposible de arranxar se non se lle pon xa freo.
Esta Asociación non é quen de propoñer unha solución ideal, pois non temos entre os nosos asociados persoas con suficientes coñecementos para facelo, e é por iso que acolleremos a decisión que os técnicos competentes na materia adopten, ben consista en reformar e ampliar a actual depuradora ben se trate de construír unha nova naqueles terreos que menos perxudiquen. O que non se pode seguir a aguantando é a situación actual e que o aire do noso pobo se faga irrespirable, cos conseguintes problemas de saúde que pode supoñer.
Por outra parte, aproveitando esta ocasión, queremos facer público que nas vindeiras datas a actual presidente da Asociación de Veciños “O Castro” de Foz, Fátima Rodríguez Moreda, formalizará a súa renuncia a dito cargo por razóns profesionais e persoais, pasando a ostentar a presidencia en funcións o actual vicepresidente, Antonio Núñez García.