GONZÁLEZ BARCIA E JOSÉ JUAN DURÁN ANALIZARON O DRAGADO DE MANTEMENTO QUE SE REALIZARÁ NO PORTO DE BURELA E O ESTUDIO BÁSICO PARA A PROLONGACIÓN DO ESPIGÓN QUE SEPARA A ZONA COMERCIAL DA PESQUEIRA. O ALCALDE VALOROU DE XEITO MOI POSITIVO O ENCONTRO DESTA MAÑÁ.
Burela, 3 de outubro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, abordou co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, cuestións coma o dragado de mantemento que se realizará no porto e o estudio básico para a prolongación do espigón que separa a zona comercial da pesqueira. O rexedor valorou de xeito moi positivo a xuntanza e as relacións fluidas que mantén o Concello con Portos de Galicia.
O rexedor sinalou que o motivo deste encontro “foi facer un seguimento das actuacións que está a levar adiante Portos de Galicia en Burela. E o balance é positivo e teño que destacar o interese que Portos ten por manter o porto de Burela en bó estado, nunhas condicións óptimas para que os armadores e os mariñeiros poidan traballar cómodos e cunha certa eficacia”.
Na xuntanza fíxose un repaso a varias actuacións que se levaron a cabo, se están a levar a cabo ou se están proxectando. José Mª González Barcia indicou que “vimos como funciona o operativo das oito cámaras de videovixianza que hai instaladas en todo o recinto portuario, dúas delas fixas e seis móbiles. Esto permite unha maior seguridade e serven de elemento disuasorio á hora de cometer pequenos furtos, etc”.
O alcalde de Burela relatou que “tamén estivemos a analizar e recibimos información sobre o dragado de mantemento que se vai facer no porto en Burela. É un dragado que se fai de forma periódica. Neste caso concreto debido ás correntes marinas se detectou a presenza de sedimentos nos dous laterais da fábrica do xeo e nunha zona próxima ás instalacións de Absa. De forma inmediata se acometerá ese dragado nos dous laterais da fábrica do xeo nunha superficie duns 1.000 metros cadrados cun volumen de residuos a retirar duns 5.000 metros cúbicos. Agora mesmo está na fase de catalogación ou concreción dos depósitos que están no fondo para proceder a elaborar o que é o plan de extracción e depósito dos mesmos”. González Barcia subliñou que “se gañará en calado e na maniobrabilidade dos propios barcos que atraquen nesa zona. E posteriormente se realizará o dragado nas inmediacións das instalacións de Absa, que ten máis ou menos as características que o anterior”.
O rexedor engadiu que “outra cuestión que se plantexou hai tempo e que se está a levar adiante por parte de Portos é elaboración dun proxecto básico para a prolongación do espigón que separa a zona comercial da zona pesqueira. Este espigón na actualidade ten 50 metros de largo e desde o sector se entende que se gañaría máis seguridade si se prolongase 20 ou 30 metros máis. Os estudios sobre o traballo do mar xa están feitos e agora se está a elaborar ese proxecto básico”.
José María González Barcia considera que “se trata de actuación importantes. A reunión foi fructífera xa que por unha parte se atenden as demandas do sector, representado por Absa e pola confraría de pescadores. O Concello está en contacto permanente co sector pesqueiro para transmitirlles a Portos cales son as necesidades e os problemas que se van platexando”. E recoñeceu que “hai un grande interese de Portos de Galicia en manter o porto de Burela en perfecto estado. A relación entre este organismo e o Concello é moi estreita, é prácticamente diaria e esto nos permite abordar os problemas e as necesidades tan pronto se plantexan e de forma inmediata buscar solucións”.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



