A Mesa considera unha “enorme burla” a última campaña de Política Lingüística da Xunta
Carlos Callón: “Con Feijóo non existiron axudas ao uso do galego na empresa e conseguiuse que o noso sexa o idioma máis desprotexido no sector comercial e empresarial en todo o Estado”
A Mesa considera que esta campaña “fraudulenta” podería ser unha “infracción consciente” da lexislación electoral
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012.- “Hai que ser extraordinariamente cínicos para presentar unha campaña de suposta promoción do galego despois de toda unha lexislatura de agresións a este idioma”. Así valora o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a iniciativa “O galego, chave para os teus negocios no mundo”, na cal participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
O portavoz da maior asociación cultural de Galiza recorda que “fronte á propaganda de última hora, a verdade é que con Feijóo non houbo nin un só adianto para a nosa lingua en ningún ámbito, tampouco no comercial e no empresarial”. Así, Callón recorda que “aínda que Feijóo prometeu en 2009 que ía promover a nosa lingua, á vista de todas e todos está que non foi así e nin tan sequera existiron axudas ao uso do galego na empresa como mesmo existiran durante os gobernos de Manuel Fraga Iribarne”.
Na Mesa tamén lembran que o goberno de Alberto Núñez Feijóo e Valentín García Gómez evitou a aprobación dun marco legal que “garantise a igualdade de dereitos e oportunidades para a lingua galega no ámbito empresarial”. “Nestes momentos, hai máis de cen leis, decretos e ordes que regulan a presenza do castelán no sector do comercio e da empresa e nin unha soa que garanta de forma xeral uns mínimos dereitos para a lingua galega, como si existe por exemplo tamén para o catalán, o vasco ou o aranés”, sinalan desde a asociación. Tendo en conta todo iso, desde A Mesa din que “presentar iniciativas só para a campaña electoral, ao mesmo tempo que se negan os nosos dereitos lingüísticos só pode ser cualificado como unha enorme burla”.
O feito de que a Xunta presentase esta campaña “fraudulenta” 48 horas antes de que comezase a campaña electoral fai que A Mesa se pregunte se se podería estar perante unha “infracción consciente da lexislación electoral”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



