ATA O VINDEIRO 30 DE OUTUBRO AS FAMILIAS QUE O DESEXEN PODEN FORMALIZAR NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIBADEO O ACOLLEMENTO DE NENOS E NENAS SAHARAUIS DURANTE OS MESES DE VERÁN DO VINDEIRO ANO.
Ribadeo, 18 de outubro de 2012. Ata o vindeiro 30 de outubro as familias que o desexen poden formalizar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo o acollemento de nenos e nenas saharauis durante o meses de verán do vindeiro ano.
As denominadas Vacacións en paz son un programa de acollemento familiar temporal, de nenos e nenas saharauis durante os meses de verán. E preséntanse nun marco de solidaridade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos neos e nenas saharauis.
Segundo lembran desde a Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo os obxectivos do programa Vacacións en paz son: reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sahara Occidental e poñer de manifesto a situación na que realmente viven; facilitar asistencia médica e de alimentación; promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidaridade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade; perfeccionar a aprendizaxe da lengua castelá e galega que estudan nos seus programas escolares; ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre; e evitar a súa estancia nos campamentos do seu país durante os meses de xullo e agosto por teren que soportar temperaturas de máis de 50º.
Aquelas familias que estean interesadas en formalizar o acollemento dun destes menores deberán dirixirse aos Servizos Sociais municipais, sitos no auditorio municipal Hernán Naval ou ben chamando por teléfono ao 982120 808 en horario de 8 a 15 horas, antes do vindeiro 30 de outubro.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



