Para os aficionados á pesca deportiva dende praia, organizamos un concurso de pesca en combinada de Surf-castinf e Spinning os días 13 e 14 de Outubro na Praia de Areagrande de San Roman do Val, coa colaboración de Restaurante Area Grande, Gayma e Servicebo. Haberá trofeos para os tres mellores, para a mellor peza e para o mellor pescador local, ademais de agasallos para todos os participan tes.
Todos aqueles interesados en participar no concurso indicámoslles que o prazo de inscrición está aberto. Para participar hai que ter a licenza de pesca en vigor, unha taxa de inscrición de 15 euros e as gañas de participar.
Para mais información e inscricións na Casa da Cultura de O Vicedo
Teléfono de contacto 982590195
Email concello@concellodovicedo.org