Espazo Ecosocialista alerta sobre cortes sociais e denuncia a obcecación polas infraestruturas
Compostela, 2 de outubro de 2.012.- O anteproxecto de orzamentos 2013 presentados pola administración Central o pasado 27 de setembro son para Espazo Ecosocialista un claro exemplo duns orzamentos feitos á medida do entramado financieiro neoliberal, nos que a meirande parte da poboación soportará os custos dunha débeda que non xeraron, directamente na asignación dunha enorme cantidade de cartos para o pago directo dos intereses desa débeda e coa contrapartida da redución drástica das partidas orzamentarias adicadas ao ben común.
Así vemos unha redución do 21% nos gastos adicados a educación, 22% en sanidade, 14 % en agricultura e medio ambiente, a axuda á cooperación leva acumulada un descenso do 73%, os fondos para o desemprego descenden un 6,3% a pesares do aumento exponencial das cifras de desempregados, non hai partida orzamentaria prevista para continuar coa axuda de 400 € para familias sen ingresos, 3,8% menos de cartos para becas, …
Sorprende que as partidas con menor recorte sexan as adicadas á Casa Real (4%), ás Cortes (2,5%), o Consello Social ((2%), Seguridade Cidadá do Ministerio de Interior (4,8%) e Defensa (6,8%) e semella unha falta de respecto á cidadanía a subida no orzamento do Ministerio da Presidencia (0,6%).
O estado español vai empregar unha cuarta parte do seu orzamento no pago de intereses da débeda, débeda provocada e da que se benefician prácticas financeiras especulativas pero que ilexítimamente ten que pagar o conxunto da cidadanía, noutro exemplo máis de privatización dos beneficios e socialización das perdas. O enorme volume de cartos para este pago extraese das partidas adicadas ao ben común, fornecendo aos fondos de investimento, hedge funds e demais entidades especulativas de máis “munición” para continuar as políticas de demolición do estado do benestar, dos dereitos dos traballadores e traballadoras e da saúde ambiental do noso planeta.
Os Ecosocialistas queremos chamar a atención tamén sobre a obsesión polas infraestruturas de transporte que contemplan reiteradamente os distintos orzamentos. Nun momento de menor dispoñibilidade de fondos, cumpre apostar por investimentos do máximo valor social e ambiental, que contribúan a desenvolver o camiño do cambio de paradigma a nivel enerxético, laboral e económico cara a sustentabilidade. Non é o caso nin no Estado nin en Galicia. Así vemos que as partidas da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Transportes van adicadas na súa práctica totalidade a autovías e ao AVE. Contémplanse investimentos para a autovía de acceso a Coruña, para a A-54 Lugo Santiago, a A-8, para o AVE a Madrid, etc.. na contraparte, por poñer uns exemplos, non hai partidas para o saneamento de Ría do Burgo ou de Ferrol, a depuradora de Santiago terá que agardar algúns anos máis e seguiremos sen ter unha liña de ferrocarril entre Lugo e Santiago nin tampouco un verdadeiro servizo de proximidade ferroviaria.
En definitiva, os orzamentos son unha das ferramentas máis potentes para orientar o desenvolvemento dunha sociedade e definir cara onde quere ir. Este anteproxecto de orzamentos reitera o ataque aos servizos públicos, aposta pola precarización das vidas da meirande parte da cidadanía, cada vez con maiores atrancos para acceder á saúde, á educación, á cultura e mesmo á alimentación. Uns orzamentos que continúan na carreira desenfreada cara a destrución ambiental e ao cambio climático. Uns orzamentos que insisten en sangrar economicamente á xente do común para beneficio dunhas elites financeiras causantes directas da crise e da que ainda non coñecemos unha persoa que fora convicta por este monumental fraude e estafa que denominamos “crise”.
Espazo Ecosocialistas defende uns orzamentos que marquen o camiño a sustentabilidade, no que o sector público entendido como garante do ben común teña unha presencia preponderante; onde as políticas de desenvolvemento apoien aquelas iniciativas con forte potencial de emprego, de I+D+I, que sexan beneficiosas social e ambientalmente e que permitan ir ascendendo chanzos na imprescindible mudanza de paradigma económico e enerxético como son o sector das enerxías renovábeis, o transporte público, a pesca artesanal, a agricultura e gandería ecolóxica, entre outros moitos. Uns orzamentos redistributivos, apoiados por políticas fiscais xustas e equitativas onde potenciemos o beneficioso para o ben común e penalicemos o lesivo. Uns orzamentos que real e definitivamente nos sitúen na senda dunha sociedade máis solidaria, desenvolvida, xusta e integrada nun mundo globalizado na xustiza e na equidade, no canto da inxustiza e a explotación.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



