FLORES SOLIDARIAS DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA”
Hoxe a ilusión no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de “A Mariña” de Burela palpábase en cada recuncho. Chegou o momento que todos estábamos esperando, a entrega das flores que cultivamos con tanto cariño durante este ano no noso invernadoiro.
Foi un dos resultados do Obradoiro de Perfeccionamento do Viveirismo, subvencionado pola Consellería de Traballo-Servizo de Inclusión Social.
Entre outros cultivos plantamos flores. Ademáis de aprender o seu cultivo e coidados quixemos que os nosos usuarios deran un paso máis e propuxémonos a venda, para que puideran ver a utilidade e froito do seu esforzo , traballo e formación.
Neste senso, a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradece a colaboración á Floristería Alecrín que nos axudou no proceso de venda, comprando as nosas flores e facendo partícipes en todo momento aos nosos usuarios.
Todo isto fixo posible que hoxe viviran unha nova experiencia, viran a utilidade do seu traballo e se sentiran apreciados.
Hoxe mesmo, no momento da entrega das flores, Fernando explicou o seu traballo na floristería a tódolos asistentes e emocionounos co cultivo, colorido e doce recendo de toda a súa mercadoría
Esperamos que estas flores os acompañen estos días xa que representan o esforzo e cariño dos nosos usuarios e que mellor maneira de amosar os sentimentos que cunha flor solidaria.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



