MAITE: ‘O 10-3 REFLICTE CLARAMENTE A COMODIDADE ANTE O MÓSTOLES’
O Burela FS Pescados Rubén xa pode contemplar a Primeira División dende o cumio. O esmagador resultado ante o FSF Móstoles, vixente campión da Copa de España, catapultou o golaverage das laranxas para tomarlle a dianteira ao seu compañeiro no trono, o Atlético de Madrid, co que está empatado a 19 puntos. ‘O 10-3 reflicte claramente a nosa comodidade na pista ante o Móstoles’ dixo Maite, unha das protagonistas goleadoras da xornada, que estreou a súa cuadrícula persoal con nada máis e nada menos que un hat-trick: “Non pode haber mellor forma de inaugurar a conta goleadora que na casa e con tripla diana” dixo a ala burelista.
‘Foi unha auténtica explosión, na que todas demos o mellor de nós. Foi un bo traballo de todas, no que tamén participaron as nenas, Silvia e Paula”, explicou a cacereña, un labor que Javier Pardeiro tamén valorou: “Saímos moi concentradas, con intensidade e pretendendo levar a iniciativa do encontro dende o inicio. Traballamos cunha defensa en zona alta dificultando moito a circulación de balón por parte do Móstoles. Froito dese dominio chegaron as ocasións e abrimos fenda no marcador dende o inicio polo que despois todo foi máis doado” reflexionou o adestrador.
A ala laranxa, que nas últimas xornadas está realizando un loable traballo dende a zona de defensa, amosouse estrañada pola reacción desleixada das rivais nun encontro dominado de principio a fin polas de Vista Alegre: “É lóxico que con dous goles en contra xa nos primeiros minutos se tenda a baixar a cabeza, pero un equipo coma o Móstoles, da súa entidade, non se pode permitir ese luxo”.
“Estamos moi felices por acadar o liderado, pero tamén somos conscientes de que isto non fixo máis que comezar e que teremos que xogar todos os partidos ao cento por cento para poder seguir na zona máis alta” coincidiron Maite e Pardeiro, ademais de incidir en que “este privilexio motiva pero tamén impón”.
Co UA Alicante no horizonte máis inmediato, Maite amosouse cautelosa con respecto á próxima cita: “É a saída máis complicada ata o momento. É unha cancha moi difícil, cunha superficie á que non estamos acostumadas; o ano pasado xa se nos resistiu. Ademais esta tempada teñen o plus que lles proporcionan Sofía e Txitxo, dúas xogadoras moi importantes para o equipo”, analizou a futbolista mariñá.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
