O BNG DA MARIÑA INICIA UN PROCESO DE REFLEXIÓN INTERNA TRAS UNS RESULTADOS ELECTORAIS QUE CONSIDERAN MALOS PARA A COMARCA E MALOS PARA O PAÍS
Antonio Veiga asegura que o Bloque Nacionalista Galego quere seguir sendo unha ferramenta útil na resolución dos problemas dos mariñáns
Os nacionalistas agradecen o apoio recibido e comprométense a seguir traballado na defensa dos dereitos dos cidadáns
A Mariña, 24 de outubro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña iniciou onte, coa xuntanza do consello comarcal, un período de reflexión interna motivado polos resultados obtidos pola formación na xornada electoral do pasado domingo, que vai ter continuidade nas asembleas comarcais e no consellos nacional, así como noutros órganos da organización nacionalista.
O responsábel comarcal do BNG, Antonio Veiga, asegurou, esta mañá, que “é preciso unha análise sosegada de cada un dos motivos que levaron á formación á debacle electoral non só porque os resultados son malos para o BNG senón tamén porque son malos para A Mariña, para Galiza e para todas as galegas e galegos, xa que o Partido Popular volve a ter maioría absoluta e vai a seguir aplicando políticas de recortes que continuarán afectando ao funcionamento dos servizos públicos e cuxas consecuencias seguirán sendo máis severas para os traballadores, os parados e as persoas maiores. ”
‘O BNG – continuou Veiga- quere seguir sendo unha ferramenta útil na denuncia e resolución de todos aqueles problemas que afectan aos mariñáns e para iso temos que volver a gañar a confianza dos cidadáns’.
Dende a formación nacionalistas agradecen o apoio recibido por todos aqueles que confiaron no BNG e que participaron nos actos de campaña así como o traballado realizado polos membros da organización, e comprométense a seguir traballando na defensa dos dereitos dos mariñáns e das potencialidades da comarca.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



