A Xunta de Galicia cumpre unha vez máis con Mondoñedo ao concederlle un obradoiro de emprego
A portavoz local agradece a implicación da administración autonómica co municipio a través desta iniciativa que permitirá xerar novos postos de traballo
Este obradoiro de emprego nace a raíz dunha proposta do Partido Popular, que se atopou coa ralentización no proceso de tramitación da solicitude por parte do equipo de goberno
A portavoz popular compara o pouco traballo, descontrol e falta de compromiso do BNG e do PSOE mindoniense en contraposición coa actitude da Xunta de Galicia, colaboradora coas demandas dos veciños
Mondoñedo, 24 de outubro de 2012- A Xunta de Galicia cumpre unha vez máis coas peticións trasladadas dende a localidade ao concederlle a Mondoñedo un obradoiro de emprego que permitirá xerar novos postos de traballo. Así llo trasladaron a portavoz popular no municipio, Elena Candia, durante unha xuntanza mantida hoxe coa xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Marta Barreiro.
A portavoz do Partido Popular agradece a implicación da administración autonómica co municipio a través deste iniciativa que xerará emprego nun contexto de clara demanda de postos de traballo. A popular explica que a concesión por parte da Xunta de Galicia dun obradoiro dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, pon de manifesto a actitude colaboradora e de resposta ás demandas da administración autonómica.
A necesidade deste obradoiro de emprego nace a raíz dunha proposta do Partido Popular, que se atopou coa ralentización no proceso de tramitación por parte do equipo de goberno, así como a falta de información trasladada en relación a posta en marcha do proxecto, que se faría en Vilar.
Esta situación confronta o pouco traballo, descontrol e falta de compromiso do BNG e do PSOE cos mindonienses, en contraposición co actitude colaboradora do Partido Popular na Xunta de Galicia.
Os populares agradecen á Xunta de Galicia esta implicación, sendo necesario dar esa imaxe de colaboración e unidade, e sendo conscientes de que a situación que está a provocar o bipartito na administración local mindoniense é insostible e a falta de capacidade e compromiso resulta evidente en cada tramitación.