![]()
MELILLA FS, RIVAL DOS LARANXAS NA COPA DO REI
O Melilla FS, da Segunda División, será o rival dos laranxas na segunda eliminatoria da III Copa do Rei. Así o decidiu o sorteo de emparellamentos realizado esta mañá na Cidade do Fútbol da RFEF. A fase, a partido único, resolverase o martes 27 ou mércores 28 de novembro.
Así quedaron as eliminatorias, co factor cancha asignado ao rival de menor categoría ou menor puntuación a pasada tempada:
Reale Cartagena – Fuconsa Jaén
Ategua – Fisiomedia Manacor
Pinseque – Colegios Arenas Gáldar Gran Canaria
Cover Premià del Mar – Santiago Futsal
Carnicer Torrejón – Umacon Zaragoza
Azulejos y Pavimentos Brihuega – Puertollano
Las Cuevecitas – ElPozo Murcia
Nazareno – Triman Navarra
Hospitalet Bellsport – Ríos Renovables
Universidad de Valladolid – Caja Segovia
O Parrulo – Azkar Lugo
Uruguay Tenerife – UMA Antequera
Melilla – Burela Pescados Rubén
FC Andorra – Marfil Santa Coloma
Playas de Castellón – Inter Movistar
Castell Peñíscola Benicarló – FC Barcelona Alusport
O sorteo da terceira rolda da competición celebrarase o 4 de decembro.
Noia FS, para a Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén medirase ao Noia FS, de Segunda B, nos cuartos de final da XXII Copa Galicia. O encontro, que se disputará na pista coruñesa, aínda está pendente de data. O resto dos cruzamentos enfrontarán a Cidade de Narón-Azkar Lugo, Bembrive-O Parrulo e Erichkrause-Santiago Futsal.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
