O RESPONSABLES LOCAIS DO PP RIBADENSE EMPEZAN HOXE UNHA RONDA DE REUNIÓNS COAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DAS PARROQUIAS E DESPOIS FARÁN O MESMO COS COLECTIVOS DA VILA PARA COÑECER AS SÚAS NECESIDADES E INQUEDANZAS.
Ribadeo, 26 de octubre de 2012. A agrupación local do Partido Popular en Ribadeo empeza hoxe, venres, unha serie de xuntanzas coas asociacións veciñais das parroquias para coñecer as súas necesidades e inquedanzas. Posteriormente farán o mesmo cos colectivos da vila. Este foi un dos asuntos que se abordaron na reunión da xunta xestora do PP ribadense que se celebrou onte á noite.
O presidente dos populares de Ribadeo, Jesús López Penabad, explicou esta mañá que “coa vista posta nas eleccións municipais sabemos que esta nova xestora ten traballo que facer e por iso decidimos empezar cunha serie de reunións en todas as parroquias coas asociacións de veciños para palpar de primeira man as necesidades e as deficiencias que poden ter neses lugares”.
A primeira xuntanza celebrarase hoxe, venres, ás dez da noite coa asociación de veciños de Cedofeita. “Imos reunirnos con eles abertos ás súas suxerencias para, desde o Partido Popular de Ribadeo e a onde cheguemos, acadar algunha solución ou polo menos que saiban que estamos aí e que poden contar con nós”, manifestou López Penabad.
A ronda de reunións do PP ribadense empeza polas parroquias, pero o presidente local xa anunciou que “unha vez que acabemos nestas zonas contactaremos cos colectivos do casco urbano, de tódolos ámbitos, para ver as necesidades que teñen, porque as nosas portas están abertas a quen queira falar con nós” .
Na xuntanza da xestora local tamén se trataron os resultados das eleccións autonómicas celebradas o pasado domingo, “nas que o Partido Popular obtivo uns resultados moi bos. Sentímonos moi orgullosos e á vez con responsabilidade e intentando cumprir coas perspectivas que se crearon con este apoio masivo que tivo o noso presidente, Alberto Núñez Feijoo, despois de catro anos de austeridade, dun cambio de forma de gobernar. Así o entenderon os galegos e recibiu tanto desde Ribadeo, que é o que nos interesa a nós particularmente, como desde todo Galicia un apoio pleno e maioritario” rematou Jesús López Penabad.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



