![]()
Vista Alegre defende o liderado ante o Móstoles
O Burela Pescados Rubén defende o liderado ante o histórico Móstoles FSF, actual campión de Copa e subcampión da Supercopa, o sábado día 27 a partir das 18:30 horas. Vista Alegre acolle un duelo entre galegas e madrileñas que xa é un clásico da Primeira División. A pesar dun arranque ligueiro discreto, undécimo con catro puntos, o Móstoles ten un potencial que lle permite ser acredor dos tres puntos en calquera pista. Non será unha tarefa sinxela para o conxunto dirixido por Javier Pardeiro que espera a un rival ?en franca progresión. Non se pode cuestionar que o Móstoles volverá estar no cume de Primeira; o seu quinteto de luxo con Belén, Patri Chamorro, Eva Manguán, María Otero e Inma, así o ratifica? asegurou o técnico burelense que poderá dispor do persoal ao completo, fóra de Haydée recentemente operada da tendinite rotuliana do xeonllo dereito.
O conxunto burelense quere un partido de alta intensidade e espera un rival con intencións diferentes aos que visitaron Vista Alegre ata o momento. A máxima goleadora laranxa, Dany, considera ao Móstoles “un rival ao que respectamos moito e en ningún momento infravaloramos o seu potencial pola súa situación na clasificación. Ten xogadoras con experiencia e moita calidade”. A pesar da dificultade do rival, Dany confía en manter a dinámica gañadora. “Temos a responsabilidade de xogar ante a nosa afección e queremos brindarlles un bo partido e unha nova vitoria que nos permita conservar o liderado”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
