O deputado popular describe o conxunto do territorio da nosa comarca como un inmenso museo ao descuberto digno de protección
Balseiro salienta que o actual Goberno galego achegou máis de 600.000 euros destinados á rehabilitación e posta en valor do patrimonio cultural da Mariña lucense
Destacou en Foz os 390 mil euros investidos na rehabilitación da reitoral de San Martiño de Mondoñedo, os 115 mil euros da igrexa de S. Tomé de Recaré e os 34.500 para a rehabilitación da igrexa de San Miguel de Negradas.
A Xunta tamén investiu no acondicionamento e equipamento de locais socioculturais existentes nos distintos concellos para que poidan ofrecer á poboación unha variada e completa oferta cultural
A Mariña, 1 de outubro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e candidato número tres na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, salientou que o actual Goberno galego achegou máis de 600.000 euros destinados á rehabilitación e posta en valor de distintas infraestruturas pertencentes ao patrimonio cultural da Mariña lucense.
O deputado popular sinalou que o patrimonio cultural da nosa comarca caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como pola vinculación á paisaxe que o rodea. Balseiro non dubidou en describir o conxunto do territorio mariñá como un inmenso museo ao descuberto digno de protección e impulso.
Entre as actuacións máis destacables están:
En Foz rehabilitouse a reitoral de San Martiño de Mondoñedo: 390.000 euros.
En O Valadouro rehabilitación da igrexa de S. Tomé de Recaré: 115.000 euros.
Rehabilitación da igrexa de San Miguel de Negradas. 1ª Fase: 32.499,63 euros.
EQUIPAMENTOS CULTURAIS
Balseiro Orol explicou que o Goberno galego tamén investiu no acondicionamento e equipamento dos locais socioculturais existentes, a través dos que distintos concellos, para que así poidan ofrecer á poboación unha variada e completa oferta cultural.
O candidato popular dixo que os responsables da Xunta son conscientes da necesidade de establecer instalacións de carácter sociocultural que permitan unha adecuada oferta, co obxecto de satisfacer as necesidades que en materia cultural teñen os habitantes da Mariña.
Nesta liña destacou dúas actuacións: a mellora do salón de actos do centro social de Barreiros, cun investimento previsto de 29.097,56 euros e en Cervo, con 13.250,58 euros para a adecuación e dotación do escenario da Casa da Cultura e da Casa do Concello.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



