Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta
13 de outubro de 2012. ADEGA vén de subscribir unha denuncia diante da Fiscalía Ambiental do TSXG pola presunta situación ilegal de varias instalacións de tratamento de aceites usados, incluidos residuos MARPOL, pertencentes á empresa Ingaroil SL no polígono das Somozas. Ao parecer dende 2002 están en funcionamento 3 depósitos para o almacenamento de aceites, e unha balsa de vertido, sen as preceitivas autorizacións de Industria. Asemade, estarianse emitindo directamente á atmosfera gases tóxicos procedentes de evaporadores non declarados. Dáse a circunstancia que Ingaroil SL “herdou” unha AAI (Autorización Ambiental Integrada) de Portvigo SL sen que a Xunta verificara tanto validez da AAI da empresa cedente como a súa aplicabilidade á nova. Outro exemplo da política do “ti vai facendo” con efectos non só no ambiente e na saúde, senón tamén no erario público pola merma de tributos e taxas.
O grupo Ingaroil SL é titular dunha planta de tratamiento e valorización de residuos no concello das Somozas (A Coruña) e ostenta unha Autorización Ambiental Integrada (AAI) da que non era orixinariamente titular, senón que foille “transmitida” da empresa Portvigo SL en abril de 2010. Porén, esta transmisión non foi sometida a exposición pública, nen publicada no DOG, e non consta que Industria ou Calidade e Avaliación Ambiental verificaran se as instalacións da empresa receptora cumprían coas características e condicións declaradas na AAI orixinal.
Deste xeito, tres depósitos para o almacenamiento de aceites usados e residuos Marpol tipo C (refugallos de sentinas, depuradoras de combustíbel e aceite de motores) ubicados nas instalacións de Ingaroil SL nas Somozas carecen de autorización e control por parte de la Xunta. Asemade, neste centro existe outra balsa separadora que non figura no proxecto, nin na relación de equipas recollidas na AAI, polo que tamén está en situación ilegal.
As condicións da AAI (herdada) obrigan tamén á empresa a desenvolver un programa de control de emisións, mais Ingaroil só declara emisións á atmosfera porcedentes de dous evaporadores cando nas súas instalacións existe un terceiro (denominado “liña 500”) evaporando directamente á atmosfera sen pasar polo condensador. Adicionalmente, existe tamén na zona de descarga de camións outro evaporador sen o preceitivo condensador (que curiosamente tampouco figura na AAI) e portanto emitindo directamente ao ar.
Fronte a este cúmulo de irregularidades e ilegalidades, a Xunta decidíu mirar para outro lado. E non só iso: En marzo deste ano Portos de Galiza adxudicou a Ingaroil SL un contrato negociado sen publicidade de 366.000€ para a recepción e recolla de refugallos MARPOL e portuarios. En resumo: Faise a vista gorda e permítense instalacións ilegais e contaminantes que ao non existir oficialmente, tampouco pagan tributos nen taxas e aínda como agasallo, reciben contratos públicos. A austeridade de Feijóo por riba de todo!








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



