Quince persoas participan en Lourenzá nun curso de albanelería ao que optaron 33 persoas
COMENZOU EN LOURENZÁ UN CURSO DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALBANELERÍA DE FÁBRICAS E CUBERTAS CON QUINCE ALUMNOS.
Lourenzá, 3 de outubro de 2012. Quince persoas participan en Lourenzá nun curso de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, segundo informa a alcaldesa, Emma Álvarez.
En total presentáronse 33 candidatos dos que 15 superaron as probas de selección. Trátase de desempregados inscritos na oficina técnica de emprego. Álvarez sinalou que “coa superación e o aproveitamento de dito curso os alumnos terán dereito a solicitar os certificados de profesionalidade correspondentes. Tamén poderán beneficiarse dunha serie de axudas ou bolsas en función das rendas da unidade familiar”.
O curso de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas terá unha duración de 398 horas distribuidas en varios módulos: labores auxiliares de obra; pastas, morteiros, adhesivos e formigóns; obras de fábrica para revestir; faldóns de cubertas; prácticas en empresas; prevención; inserción laboral; e igualdade de xénero.