O CONCELLO SOLICITOU UN OBRADOIRO DE EMPREGO Á XUNTA PARA APROVEITAR E EXPLOTAR OS PRODUTOS NATURAIS. FERNANDO SUÁREZ FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA X FEIRA DA HORTA QUE ONTE SE CELEBROU NA VILA CO OBXECTIVO DE “DIGNIFICAR A TERRA E OS CULTIVOS LOCAIS”.
Ribadeo, 1 de outubro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da X Feira da Horta que onte se celebrou na vila, unha iniciativa coa que o Concello pretende “dignificar a terra”. Ribadeo solicitou un obradoiro de emprego á Xunta “para especializarse e crear un valor engandido dentro das áreas rurais desde unha perspectiva de aproveitamento dos produtos naturais locais”.
O rexedor dixo que “onte celebróuse con moi notable éxito de participación e de vendas a décima edición da feira de productos de horta de Ribadeo. Houbo moitísima xente daquí, do noso concello, e tamén dos municipios amigos e veciños do Occidente asturiano e da Mariña, que non desaproveitaron a oportunidade de vir aquí, a Ribadeo, para degustar e mercar estes productos e para disfrutar de dúas actuacións en vivo de dous cociñeiros locais (José Blanco e Manolo López Valencia), que nos deleitaron co seu saber facer cociñando en directo aproveitando os productos locais para logo ofrecer unha degustación gratuita entre toda a xente que estaba alí”.
Suárez Barcia subliñou que “realmente estas iniciativas tratan de exemplificar nun día o traballo deste mercado dos domingos que tivo lugar duarnte a primavera e o verán e que agora tomará un descanso ata que entre de novo a primavera. O que pretendemos desde o Concello é exemplificar o traballo e o xeito de vida dos produtores da horta, dignificar a terra non somentes como a nosa patria senón tamén con todo o que ela nos dá. Neste momento onde vemos que nos últimos anos todo o mundo viviu dunha maneira un pouco atolada e vemos que agora hai moita xente que está mirando de novo á terra como fonte de riqueza e de produto e non somentes para especular con ela e para agredila como estivemos facendo de maneira moi descarada nos últimos tempos”.
O alcalde de Ribadeo explicou que “desde o Concello para tentar dar alternativas, aparte desta iniciativa do mercado da horta e outras, estamos defendendo, como estivemos facendo nestes últimos días, ao sector do leite, do que desgraciadamente xa queda pouco, intentando conseguir dos supermercados do noso entorno que non utilicen o leite como producto reclamo vendéndoo por baixo do prezo de producción, é decir por baixo do prezo que aos gandeiros lles custa producir un litro de leite, porque con isto estamos condeando ao peche a estas poucas explotacions que xa quedan”.
Fernando Suárez engadiu que “ao mesmo tempo desde o Concello, aínda que non somos unha administración con competencias na agricultura como a Xunta ou o Estado, queremos tamén poñer o noso grao de area e de aí que teñamos solicitado un obradoiro de emprego á Xunta de Galicia dentro da convocatoria que ten. E concretamente desta vez non orientado a rehabilitar escolas nas parroquias ou locais sociais, senón a poder ofertar unha alternativa de traballo e de vida a tanta xente que temos no paro, no concello e polo país adiante. De aí que plantexemos tres módulos: un deles de agricultora ecolóxica, outro de elaboración de conservas vexetais e outro máis de dinamización e promoción dun turismo sustentable”.
Con este obradoiro o que se pretende desde o Concello de Ribadeo “é diversificar, especializarse e crear un valor engandido dentro das áreas rurais desde unha perspectiva de aproveitamento dos produtos naturais locais, que os temos, que son moi bos, pero que están sin explotar no que ten que ver coas conservas vexetais. Temos moita producción en fresco, pero moi pouca que se poda conservar e vender ao longo de todo o ano. Como sabemos que son nichos de emprego que poden ter unha certa demanda de aí que pedíramos este obradoiro de emprego á Xunta de Galicia, solicitude respaldada con instalacións e terreos do Concello para poder aplicar toda esta experiencia teórico práctica. Polo tanto confiamos en que a Xunta vai ser sensible con esta proposta que desde Ribadeo lle mandamos”.
O obradoiro de emprego solicitado daría traballo a 45 alumnos maiores de 25 anos durante seis meses.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



