Só 3% dos centros de educación infantil das cidades imparten o ensino en galego
Carlos Callón: “Non hai bilingüismo nin trilingüismo: hai exclusión e varrido do idioma propio”
En Lugo hai tres escolas de infantil que declaran impartir en galego; en Ourense, A Coruña e Santiago, dúas; en Ferrol, Pontevedra e Vigo só unha
Nin tan sequera noutras comunidades autónomas gobernadas polo PP, como València e Balears, hai ese nivel de exclusión do idioma propio
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012.- A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá os “máis que alarmantes” datos dun estudo sobre o uso do galego na educación infantil nas sete cidades galegas. Segundo estes datos, só 3,19% dos centros imparten ensino en galego, un 1,06% manteñen dúas liñas diferenciadas (unha en galego e outra en castelán) e un 4,96% dos centros responderon que “dan a metade en galego e a metade en castelán”, aínda que en varios deles o idioma propio de Galiza só se utiliza na oralidade, realizándose toda a lectoescritura en castelán ou, mesmo, en inglés.
Sumando todas estas porcentaxes encontrámonos con que só o 9% dos centros de ensino de infantil das cidades declaran impartir “algo” en galego, mentres que o 91% exclúe o idioma propio do país até que as nenas e os nenos chegan aos 6 anos. “Non se garanten as competencias comunicativas en galego e ponse en risco a cohesión social de Galiza”, indican desde a maior asociación cultural de Galiza.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, apunta que “estes niveis de exclusión non se producen en ningunha outra comunidade autónoma con idioma propio diferente do español, goberne quen gobernar” e pon como exemplo outras comunidades gobernadas polo PP, como València ou Balears. “Os dirixentes do PP en Galiza, e á cabeza deles Alberto Núñez Feijóo, son os máis reacios á pluralidade e á diversidade lingüística, seguen ao pé da letra o obxectivo da españolización de que fala o Ministro de Educación. Non lles importa se para iso teñen que levarse por diante os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e culturais ou a cativa lexislación de protección do noso idioma de que nos dotamos nestas tres décadas”, explica.
Callón fai tamén un repaso polos datos sobre o uso do galego na educación infantil nos últimos anos e recoñece que “se trata dunha etapa difícil para o idioma propio desde sempre, pois nunca se puxeron os medios precisos para garantir a presenza mínima do galego, mais nunca en democracia se comprobaron niveis tan calamitosos como na actualidade”. Así, mentres no curso 2008/09, co decreto do 50% aínda en vigor, só o 35% dos centros das cidades declaraban impartir ese mínimo da metade do horario en galego, en 2010/11 só 10% manifestaban que impartisen o ensino en galego e na actualidade continúa cun “descenso en picado” que, a xuízo da Mesa, “coloca a nosa lingua á beira do precipicio”.
Desde A Mesa chaman a atención sobre algúns datos recollidos no seu estudo, como que nun centro de infantil de Vigo o español gañou por un só voto e, por iso, todo o ensino pasa a ser impartido neste curso exclusivamente nese idioma. Ademais, nun centro de Santiago, a pesar de os pais responderen maioritariamente “galego”, os docentes transmitíronlle á Mesa que o ensino era en castelán porque esa era “a lingua dos nenos e os pais mentiron para ter educación en galego”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



