MÁIS DE 40 CONCELLOS GALEGOS EMPREGAN XA A APLICACIÓN INFORMÁTICA DO INEGA PARA AFORRAR NO CONSUMO ENERXÉTICO
A ferramenta facilita o cálculo das tarifas eléctricas, comproba que os consumos de enerxía sexan coherentes, ou avisa aos concellos se pagan un recargo do 20% no prezo da factura por non estar no mercado libre
A aplicación compleméntase co servizo de asesoría enerxética individual para os concellos, que desde a súa posta en marcha leva resolto máis dun centenar de consultas
Santiago, 1 de outubro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), puxo en marcha o pasado mes de xullo unha aplicación informática para mellorar e eficiencia no consumo enerxético dos concellos, co obxectivo de que poidan aforrar na súa factura eléctrica. Esta ferramenta, que suma xa máis de 40 usuarios, facilita aos municipios o cálculo das tarifas eléctricas, amosando distintas posibilidades de aforro como a contratación da subministración máis axeitada ás súas necesidades.
A ferramenta permite aos municipios optimizar a potencia contratada e a demanda de enerxía, indicando, en cada momento, as posibles medidas a tomar para mellorar consumos e custos. Ademais, comproba de xeito automático que os consumos de enerxía son coherentes, e avisa tamén aos concellos que están a pagar un recargo do 20% no prezo da factura por non teres pasado ao mercado libre, ao tempo que constata que os prezos contratados están en consonancia coa demanda enerxética municipal e co tipo de consumo realizado, evitando que se supere a media de prezos do mercado.
Os concellos interesados poden darse de alta na páxina web do Inega www.inega.es. Os seus datos serán analizados propoñendo medidas concretas a pór en marcha no subministro de enerxía, para optimizar a potencia e os resultados. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria aspira a mellorar os consumos enerxéticos municipais, que ascenden, de media, a case 13.000 tep/ano e dos cales o 78% corresponde a enerxía eléctrica.
Neste contexto, cómpre salientar que no mes de abril o Inega puxo en marcha, tamén, un servizo de asesoría enerxética específico para os concellos que persegue centralizar a atención municipal resolvendo, de xeito individual, as distintas dúbidas formulan os municipios en campos como a contratación da electricidade no mercado libre, os prezos a pagar pola enerxía ou a modernización do mantemento.
Ata o de agora, resolvéronse máis dun centenar de consultas individuais nas que os interesados plantexaron tanto información para poder diminuír a súa factura eléctrica como as opcións que ofrece o mercado para facelo a través de empresas de servizos enerxéticos –empresas que proporcionan servizos enerxéticos ou de mellora da eficiencia enerxética amortizando ditos servizos en función dos beneficios obtidos das melloras na eficiencia enerxética-.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



