ACIA FOZ REGALARÁ 100.000 EUROS EN VALES DE DESCONTO DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO. OS QUE SE FAGAN CON ELES PODERÁN CONSUMILOS NUNHA VEINTENA DE LOCAIS COMERCIAIS DO 1 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO DE 2013.
Foz, 9 de novembro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz ten en marcha unha campaña promocional na que se poñen a disposición dos clientes 100.000 euros en vales desconto, de 5 euros cada un.
Eses vales poderánse canxear dende o 1 de decembro deste ano ata o 6 de xaneiro do 2013 cada vez que se fagan compras superiores a 50 euros en calquera das vinte tendas que participan na iniciativa.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “os vales poden conseguirse durante este mes de novembro en vinte establecementos comerciais focenses, que entregarán unha papeleta con 5 euros de desconto con cada compra superior a 20 euros”. Paleo dixo que “imos facer un esforzo importante desde a Asociación de Comerciantes para animar á xente a facer as súas compras en Foz, no comercio tradicional e cercano da nosa vila”.
Nesta nova campaña de ACIA Foz participan as tendas Arrullos, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Mapfre, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, Pi-R Hombre, Sant Tropez, Viajes Rodríguez y Zap Chinela.
O presidente de ACIA Foz lembra que “tamén seguimos coa campaña de fidelización do noso comercio. Xa son máis de 3.000 as persoas que contan coa tarxeta do comercio de Foz, que ofrece descontos permanentes e promocións todo o ano”. A tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila é gratuita. Os interesados en tela o único que teñen que facer é dirixirse aos establecimientos asociados e solicitala cando vaian facer unha compra.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



