A CIG denuncia a actitude de Stolt Sea Farm nas piscifactorías da Mariña
STOLT SEA FARM, a multinacional que dende primeiros de outubro xestiona as piscifactorías da Mariña de Acuidoro e Alrogal, incumpre coa súa promesa de “continuidade e crecemento”.
A pesar de que nas reunión mantidas cos traballadores e na visita do Alcalde de Cervo ás instalacións (que foi publicada en varios medios de comunicación), o responsable de Stolt falara de manter os postos de traballo e incluso aumentalos, o certo é que polo de agora o que fixo foi despedir a dúas persoas da planta de Acuidoro e deixar que finalizasen os contratos temporais sen renovalos.
A expectativa creada pola chegada de Stolt Sea Farm á Mariña en canto a consolidación de emprego estase a ver truncada polos feitos, igual que a súa imaxe.
A maiores dos despedimentos en Acuidoro, Stolt Sea Farm estreouse na nosa comarca con unha actuación absolutamente reprobable nas eleccións sindicais celebradas en Alrogal este mes de novembro, inmiscuindose directamente no proceso a través do responsable da planta cervense, Miguel Escudeiro, que presionou á plantilla para a creación dunha candidatura alternativa á da CIG e utilizou todos os recursos ao seu alcance para dirixir os votos dos traballadores e traballadoras hacia esa candidatura, co fin de darlle mais peso e maior representatividade a un dos sindicatos responsables de asinar o nefasto convenio estatal de acuicultura mariña.
O balance da actitude de Stolt Sea Farm neste mes e medio non pode ser máis negativo, e confiamos que este tipo de practicas sexan desterradas definitivamente, se readmita aos traballadores despedidos e non se tomen “represalias” coa metade da plantilla que non seguiu as consignas do encargado da planta nas eleccións sindicais.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



