Seguindo coa programación cultural do Concello de Foz e en especial coa programación infantil, o vindeiro sábado día 3 de novembro ás 18:30 h. a compañía CIA ASACOCIRCO coa obra “O Ladrón de paxaros”.
Un espectáculo innovador e moi visual!! de malabares de luz led cunha gama amplia de cores e obxectos fosforitos, números espectaculares de malabarismos de luz misturado cun conto, a historia que lle pasou a Martín un día de primaveira…
Aquela mañá Martín levantouse sobresaltado. Descubriu miles de gaiolas de paxaros encarcerados, que coas primeiras calores de xuño os donos sacaran aos balcóns da gran cidade para que se refrescasen. Esa noite, saíu voando na alfomafa, a súa gran confidente e amiga, e foinos sacando das gaiolas.
Aquela mañá o bufo da parede volveu espertar a Martín, convencido de que tivera un pesadelo terrible. E pola cidade correu um rumor: “O ladrón de paxaros fuxiu e ninguén sabe como saíu”.
Abrese o prazo de presentación de candidaturas para RAIÑA/REI DO ENTROIDO 2013.
BASES
Ter 18 anos ou máis e presentar na Casa da Cultura de Foz a seguinte documentación
. Datos persoais
· 2 ou máis fotografías recentes
. Brevemente e por escrito cóntar as razóns polas que lle ser Raiña ou Rei do entroido.
O prazo de presentación de documentación remata o 10 de decembro.
A documentación deberá presentarse na Casa da Cultura do Concello de Foz.
Para máis información chamar ao 982 140 675
A Concelleira de Cultura
Mercedes González Alonso
O Concello de Foz en colaboración coa Xunta de Galicia organiza no CENIMA unha exposición que leva por título GALICIA BIODIVERSIDADE (adxuntamos diptico informativo) e que estará aberta o martes 20, mércores 21, xoves 22 e venres 23 de novembro.
Esta exposición didáctica foi deseñada co fin de dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia, concienciar a os visitantes sobre o valor, a importancia da biodiversidade e favorecer o desenvolvemento de comportamentos positivos para a conservación das especies e dos seus habitats.
Organizaránse visitas guiadas por un monitor e que terá unha duración de entre 45 min e 1 hora. Os interesad@s en participar na visita deberán chamar ao teléfono do CENIMA: 982 132 426