A construción e posta en marcha de residencias con centros de día centran o Orzamento de Suplusa para 2013
– O Consello de Administración de Suplusa aprobou o seu presuposto, que ascende ós 21 millóns de euros, dos que 15 millóns de euros son para a rede de centros da terceira idade
– A Deputación segue á espera de que a Xunta lle conceda as licencias imprescindibles para poder iniciar as obras de 5 residencias con centros de día mentres executa as da Fonsagrada
– A institución provincial enviou ó Goberno galego 3 veces a documentación requirida para executar estas dotacións sociais, nas que investirá máis de 8 millóns de euros
– A creación de 100 empregos, 180 prazas residencias e 120 nas instalacións de día será o resultado da posta en marcha dos centros para maiores da Fonsagrada, Monterroso, Pol, Castroverde, Pedrafita, Ribas do Sil e Trabada
O Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) aprobou este luns o seu Orzamento para 2013, que ascende ós 6 millóns de euros, manténdose con respecto ó exercicio anterior. A esta nova cantidade hai que engadir os 15 millóns de euros dos que xa dispón a institución para a construción e posta en marcha de residencias con centros de día na provincia. Polo tanto, con 21 millóns de euros, a rede de centros para maiores centra o Orzamento de Suplusa co fin de ofrecer novos servizos públicos, crear emprego e combater o despoboamento demográfico en Lugo, ante os recortes doutras administracións nesta materia.
Logo de culminar o centro para maiores de Monterroso e arrancar as obras da residencia con centro de día da Fonsagrada –traballos en plena execución-, a institución provincial segue á espera de que a Xunta conceda as licencias imprescindibles para poder iniciar tamén os traballos das de Castroverde, Pol, Pedrafita do Cebreiro, Ribas do Sil e Trabada logo de enviarlle, ata en tres ocasións, a documentación requirida para comezar as obras destas dotacións sociais.
A cronoloxía dos feitos, que fundamentan o freo que a Xunta está a interpor a construción destes centros para a terceira idade na provincia, é a seguinte: a Deputación remitiu ó Executivo autonómico estes proxectos a comezos de 2012 para, tal e como recolle a Lei, a súa aprobación por parte da principal administración galega. A finais de maio, o Goberno de Feijóo denegou estes permisos, alegando que SUPLUSA non podía xestionar estas iniciativas sociais porque non forma parte do Rexistro Oficial de Servizos Sociais. Ante esta situación, o organismo provincial enviou de novo os proxectos, figurando como entidade peticionaria a Deputación –que si figura en dita listaxe- e non a Sociedade Urbanística Provincial. Malia e todo, a construción destas 5 residencias con centros de día voltou a sufrir un novo contratempo porque a Xunta tampouco nesta ocasión outorgou as licencias, senón que obrigou á institución provincial a facer modificación técnicas. Feitos os cambios, a institución luguesa remitiu, por 3ª vez, os proxectos, que levan semanas en mans da Xunta.
Prazas e postos de emprego
Os centros para maiores da Fonsagrada, Monterroso, Castroverde, Pol, Pedrafita do Cebreiro, Ribas do Sil e Trabada ofrecerán 180 prazas residencias e unhas 123 nas instalacións de día. Tendo en conta o déficit deste servizo social na Montaña luguesa e a tendencia de que os maiores prefiran ser atendidos durante o día e durmir nas súa casas, a Fonsagrada contará con 24 prazas residencias e 48 nas do centro de día. As restantes dotacións terán, cada unha, 26 prazas residencias e 15 nas instalación de día –a excepción de Monterroso, que non inclúe centro de día porque este municipio xa ten un á carón, precisamente, da nova residencia-. A posta en marcha destes centros para a terceira idade suporá a creación duns 100 postos de traballo na provincia xa que, segundo as directrices da Lei de Servizos Sociais de Galicia, é obrigatorio contratar a un mínimo de coidadores por número de prazas, así como médicos, ATS. A maiores, tamén se necesitarán administrativos, persoal de cociña, limpeza…
Máis de 8 millóns só na construción
A Deputación inviste só na construción dos centros para maiores da Fonsagrada, Castroverde, Pol, Pedrafita do Cebreiro, Ribas do Sil e Trabada 8 millóns de euros, cantidade á que se engaden os 200.000 que achegou para culminar as obras das de Monterroso, así como para adquirir o equipamento necesario para esta dotación. O organismo provincial terá que achegar aínda máis presuposto, procedentes dos 15 millóns de euros que conta para a rede de residencias na provincia, co fin de poñer en marcha estas instalacións porque a Xunta, administración galega con plenas competencias en benestar social, negouse a ofrecer prazas concertadas nestas instalacións. O Goberno galego considera que as residencias e os centros de día en Lugo “non son necesarios, nin unha prioridade”, a pesares de que esta provincia, xunto con Ourense, é a mais envellecida de Galicia e a que menos centros para a terceira idade ten. Segundo o INE, o 40% dos lucenses teñen máis de 60 anos. O Manual de Traballo, Información e Asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS) do propio Goberno galego recolle que a provincia luguesa conta con 49 residencias mentres Ourense ten 97, A Coruña 82 e Pontevedra 67. A negativa do Executivo galego obrigou á Deputación a reprogramar a rede de residencias prevista. Por este motivo, xunto á repentina negativa de Alcaldes como o de Guitiriz, o organismo provincial mantén en estudo os proxectos acordados nun principio xa que ten que axustar o presuposto do que dispón -15 millóns de euros- para estas dotacións sociais.
Outras partidas
Os case 6 millóns de euros que se incorporan ó Orzamento de Suplusa este ano, distribúense da seguinte maneira: 720.000 euros son para actuacións de mellora no paseo do Río Rato; 740.000 euros para o mantemento das áreas verdes que xestiona a institución na provincia, e que suman 1.200.000 metros cadrados; outros 600.000 euros para o inicio das obras de transformación do Taller Mayo de Begonte nun centro educativo de Formación Profesional sobre os sectores da canteiría, rehabilitación e construción, así como en locais onde os emprendedores poidan desenvolver a súa actividade. A cantidade restante será, principalmente, para a amortización de préstamos concedidos para a construción dos polígonos de Begonte, Chantada, Castroverde, Paradela, Baleira, Ourol e Friol, que posibilitaron o asentamento dunha corentena de empresas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



