VICEPRESIDENCIA CHAMA Á UNIDADE NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON ACTIVIDADES NOS MUSEOS DA PROVINCIA
O delegado de Benestar Social e Igualdade denuncia a involución lexislativa iniciada polo ministro de Xustiza en temas tan sensíbeis como o aborto e asegura que o PP quere limitar o espazo da muller ao ámbito privado
Dende a Área de Ensino sinálase o papel da educación para loitar contra esta lacra pola que o Goberno central parece despreocupado ao retirar a maioría de campañas de sensibilización
Lugo, 25 de novembro de 2012. Con motivo do Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero que se celebra cada 25 de novembro, cada un dos museos que conforman a Rede Museística Provincial desenvolveron actividades artísticas para homenaxear a todas as mulleres que, ao longo da historia, se rebelaron contra a orde establecida que as oprimía e a todas aquelas que padeceron algún episodio violento contra a súa persoa, tentando, ao mesmo tempo, chamar a atención sobre a importancia da educación para erradicar este tipo de violencia.
O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das Áreas de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio, Mario Outeiro, participaron nestas actividades no Museo Provincial do Mar e no Museo de Lugo, respectivamente, e nas que o obxectivo era elaborar o retrato da artista lucense Maruja Mallo a modo de composición coas fotografías dos rostros de todas aquelas persoas que se acercaron á Rede Museística ao longo do día.
Con motivo deste día, Veiga denunciou “o proceso de involución lexislativa iniciado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, en temas tan sensíbeis como a Lei do Aborto” e que “a política de recortes do Partido Popular volve situar ás mulleres no ámbito privado obrigando a toda a sociedade a volver a loitar contra os dereitos que este colectivo xa tiña recoñecidos”.
“Se un dereito fundamental – continuou o o delegado provincial – como debe ser o do aborto non sempre pode exercerse na Sanidade Pública debido á obxección de conciencia á que se poden acoller os facultativos, volve a situarse ás mulleres en décadas pasadas e a recuperar as viaxes a Londres. Esta é a consecuencia das políticas do Partido Popular coas que quere limitar o espazo das mulleres limitándoas a permanecer na casa e ao coidado dos fillos. Dende a Vicepresidencia da Deputación entendemos que a loita contra a violencia de xénero debe facerse dende todos os eidos e con políticas transversais”.
Pola súa banda, durante o acto no Museo de Lugo, Mario Outeiro fixo un chamamento á “unidade das administracións públicas e da sociedade para frear esta lacra” e enfatizou “a importancia da educación como camiño para logralo”.
O delegado de Ensino recordou que “a chegada do Partido Popular ao Goberno do Estado supuxo a supresión da maior parte das campañas de sensibilización contra a violencia de xénero o que demostra a súa falla de preocupación por un problema que require un tratamento especial en calquera axenda de goberno”.
As actividades organizadas pola Rede Museística con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero serviron para renderlle homenaxe, tamén, á pintora viveirense Maruja Mallo, a máis recoñecida das artistas galegas do século XX, que no ano 1982 conseguiu a Medalla de Ouro das Belas Artes e a quen se lle dedicou, en 1993, unha exposición antolóxica no Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros recoñecementos. Unha figura na que galeristas e críticos ven reflectida a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



