O venres, 30 de novembro, ás 19 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz, ofrecerase unha conferencia sobre o tema da violencia de xénero, organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Alfoz, en colaboración co SEVA (Seminario de Estudos do Valadouro). A conferencia correrá a cargo de Cristina Cayón, psicóloga do centro de acollida de mulleres maltratadas en Burela (no colexio Santo Aníbal) e tamén psicóloga do CIM (Centro de Información da Muller) de Burela, e por Rocío Valle, avogada tamén do CIM de Burela.
Charla sobre violencia de xénero en Alfoz
Charla sobre violencia de xénero en Alfoz
Relacionado
-
As crianzas da Escola Infantil Municipal de Cervo tamén quixeron vivir a maxia do San Xoán como se merece
-
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para o alumnado que rematou este curso sexto de Educación Infantil
-
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en outubro en Barreiros co ciclo “Polavilas no paraíso”