A comunidade de montes de Vilastrofe, do concello de Cervo, organiza o 17 de novembro as festas de San Román, cunha comida para todos os veciños con comuneiro na unidade familiar. Os actos comezarán ás 13:00 horas, cunha misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A partir das 14:00 horas dará comezo o xantar de confraternidade no pavillón de deportes. Pola tarde haberá xogos de mesa e pola noite verbena, con entrada gratuíta para todo o público, a cargo do grupo “La Oca”.
Festas na parroquia de Vilastrofe en Cervo
Festas na parroquia de Vilastrofe en Cervo
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón