RECLAMACION DUNHA AUTORIDADE PORTUARIA PARA A MARIÑA DE LUGO.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende o ano 1992 consolidouse o organismo público do estado, que xestiona a autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao. A pesares desa data tan lonxana, ou sexa que pasaron xa 20 anos, a provincia de Lugo segue a non ter autonomia propia no porto de San Cibrao. En España, todalas provincias costeiras, teñen ó menos unha autoridade portuaria, e algunhas como son as provincias de A Coruña e Pontevedra duas ou máis. A nosa provincia, ainda que parezca sorprendente, e a única do estado español que non a ten propia, a pesares de que contamos cun litoral de caseque 100 Km. de costa.
Anécdota : Preguntaba un alto cargo dun Ministerio, fai moitos anos cando foron unha delegación armadores de Celeiro a Madrid, ¿y de donde son?, .. De Lugo. ¿Y Lugo tiene mar?… Lugo non, pero a costa de Lugo si, somos de Celeiro, e de Ribadeo a Vicedo, as mais de 50 millas de costa, contestaron”
En varias ocasións foron varias entidades sociais, políticas, sindicais e empresariais as que reivindicaron este feito, como a CEL, e administracións públicas como a Deputación de Lugo, as que solicitaron a instauración dunha autoridade portuaria para a provincia. A pesar do consenso do PP,PSOE e BNG, este non serviu de nada e seguimos sen tela.
Por outra banda a entidade Portos de Galicia pertenecente a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, manifestábase no parlamento de Galicia, na data do 9 de Setembro do ano 2009, a través do seu presidente naquela data, O Sr. Alvarez Campana, persona moi “coñecida”, sobor de todo no Concello de Viveiro, a sua vontade da creación de conformar un único organo de agrupación dos portos galegos, xa foran de competencia autonómica ou estatal, e que levaria consigo a coordinación de tódolos traficos de ditos portos, do que a esta data tampouco nada se ten feito. Todo esto quedouse nuha declaración de intencións.
En relación os beneficios xerados pola actual autoridade portuaria, dos que o porto de Alcoa en San Cibrao xenera un volumen de negocio dun 40 % do total de dita autoridade, eso non se ve reflexado nas suas infraestructuras xa que as inversións mais importantes sempre foron a favor do porto ferrolan.
Entendemos que o beneficio xerado en San Cibrao, debería de invertirse na nosa comarca da que o volumen de negocio de dito porto alcanzou no pasado 2010 a cantidade de 3 millóns de euros.
Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:
ACORDOS
1.- Instar á Xunta de Galicia ó seu apoio para que solicite o Goberno de España a creación da autoridade portuaria da Mariña de Lugo, coa sede no noso Concello.
2.- Instar os alcaldes de cada una das localidades que conforman a Comarca da Mariña, para que os seus concellos se sumen a esta reivindicación, pois eles tamén serían beneficiados.
3.- Comunicar este acordo a tódolos partidos con representación no Parlamento de Galicia para a súa constancia e seguimento.
———————
APOYO Á PLATAFORMA DE AFECTADOS POLOS ABUSOS DO MERCADO ELECTRICO.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende a liberalización das compañías electricas o 1 de Xullo do 2009, empezaron a xurdir os problemas coas mesmas. O final os perxudicados coma sempre somos os usuarios. Debido os reiterados abusos que as compañías eléctricas, coa complicidade das distintas administracions, veñen realizando cos cidadans, en canto a:
Non recibir a factura cada mes ou cada dous meses.
Lecturas estimadas óu incluso consumos nos que non se especifican as lecturas.
Aplicación irregular dos aumentos das tarifas de peaxes.
Cambios do contador non acordes a normativa.
Cortes de suministro irregulares.
Facturacions desproporcionadas, etc..
fan necesaria a creación de plataformas e asociacións de afectadas, polo que dende o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a aprobación dos seguintes:
ACORDOS
1.- Apoio a Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico.
2.- Instar as distintas formacións políticas, tanto do parlamento autonómico como estatal, para que se tomen as medidas axeitadas, para evitar o abuso que realizan as compañías suministradoras.
3.- Autorizar por parte do Concello, o uso dos locales nas distintas parroquias, para que por parte desta plataforma, se lles informe os veciños dos seus dereitos e medios de reclamación.