O alcalde de Cervo reúnese co novo responsable de Acuidoro tras a súa adquisición por parte de Stolt Sea Farm
-Villares recibiu con satisfacción os obxectivos de continuidade e crecemento fixados polos novos propietarios
Cervo, 1 de novembro de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou as plantas de cría e engorde de rodaballo Alrogal e Acuidoro, situadas no polígono de Cuíña, e que recentemente foron adquiridas pola multinacional Stolt Sea Farm. O rexedor quixo achegarse ata as instalacións para reunirse co novo director xeral, Luis Toro, e coñecer a situación da empresa logo do cambio de propietario.
O director das plantas de Cervo e tamén da compañía Stolt Sea Farm explicoulle a Villares que os obxectivos da empresa para a piscifactoría cervense son de continuidade e crecemento, aínda que non esqueceu que a difícil situación económica actual esixirá un grande volume de traballo. “Luis Toro transmitiume unha mensaxe positiva e de boas perspectivas de negocio, asegurando que as instalacións, tanto as de cría de alevíns como as de produción, teñen moitas posibilidades” indica o mandatario cervense, “unhas palabras que resultan esperanzadoras xa que para o Concello é moi importante que as empresas asentadas no noso territorio sexan produtivas e obteñan beneficios”. Polo tanto, “agardamos que este cambio supoña un impulso para esta planta” engade o rexedor “e estou convencido de que así será despois de comprobar de primeira man a ilusión e as ganas coas que se está traballando”.
Os primeiros meses serán de adaptación ás novas instalacións e de modificación daquelas rutinas e aspectos técnicos e organizativos que precisen ser mellorados. Superado ese período, Acuidoro pretende ampliar mercados para garantir a saída do rodaballo producido e ao mesmo tempo, consolidar a produción de linguado, que ata o de agora só se facía de forma puntual.
“Dende o Concello tamén quixemos transmitir aos novos propietarios que contan co noso apoio co obxectivo de que Acuidoro siga sendo unha empresa de peso no noso municipio” engade Villares, que ademais lembra que “o acuícola é un sector con moito futuro, e en Cervo, no polígono de Cuíña en concreto, vimos apostando por potencialo poñendo ao dispor das empresas varios terreos axeitados para a explotación piscícola”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



